No noso cole, todos lemos.
Para papi e mami propomos, dende o Departamento de Orientación, o Equipo de Normalización Lingüística e a Biblioteca Escolar, a lectura do libro ¡Non é tan doado ser neno!, de Pilar Lozano (Ed. Rodeira)
Ademáis do seu interese literario (é Premio Edebé de Literatura Infantil) este libro presenta unha temática moi actual: o acoso escolar.
A cita para a posta en común será o vindeiro martes día 31 de marzo ás 17:00 horas.
Tendes á vosa disposición dous exemplares nos locais da A.N.P.A.
Esperámosvos!
Deámoslles exemplo aos nosos fillos e fillas. Xa sabedes que... SE TI LES, ELES LEN!
Envía os teus comentarios ao noso blog