Skip to Content

COÑECENDO OS VOLCÁNS

O alumnado de 5 anos de Educación Infantil co motivo do noso PDI "SCIENCE: UNHA VIDA CON-CIENCIA" comezou a traballar os volcáns utilizando como elemento motivador as últimas noticias ocorridas na Palma. Despois de coñecer máis de cerca os volcáns, as súas partes e fases, chegou a parte máis manipulativa que é a que máis nos gusta.

Elaboramos a nosa propia maqueta do volcán así como volcáns para cada un e nós. Despois chegou a parte máis práctica que é coñecer e levar a cabo as fases do experimento ciéntifico para conseguir explosionar o volcán.

 

 

 



page | by Dr. Radut