Skip to Content

GOYA E BEETHOVEN, DOUS XORDOS XENIAIS

Retratos de Goya e Beethoven

Francisco de Goya e Ludwig van Beethoven foron, respectivamente, un pintor e un músico senlleiros da época das Guerras Napoleónicas. Ambos os dous presentan algúns aspectos en común: a súa xenialidade artística, unha doenza común (a xordeira), o seu inicial entusiasmo polas ideas da Revolución Francesa encarnadas por Napoleón, o seu desencanto posterior e a denuncia que, a traverso da súa obra, fan das atrocidades da guerra.

FRANCISCO DE GOYA Y LUCIENTES

 Autorretrato de Goya

 Coñece a Biografía de Goya

 Visiona o vídeo do Museo do Prado sobre a Colección Os Desastres da Guerra

 Le os comentarios e valora os grabados da Colección Os Desastres da Guerra

Que te parece a pintura de Goya ata agora? Dura, non? Pero... non penses que sempre foi así. A colección Os Desastres da Guerra reflicte todos os sentimentos negativos que o pintor experimentou durante A Guerra da Independencia. Sen embargo, esta pintura é o culmen dunha obra que comenzou con cadros moito máis amables.

Se visualizas o seguinte slide, coñecerás máis polo miúdo a vida e a obra de Goya, así como a evolución do seu estilo.

Goya
View SlideShare presentation or Upload your own. (tags: iv carlos)

 

E, para que os máis cativiños coñezan dun xeito divertido a obra de Goya, aquí tendes outro magnífico slide:

CARTOES DE GOYA
View SlideShare presentation or Upload your own.

LUDWIG VAN BEETHOVEN

 

Retrato de Beethoven   Coñece a Biografía de Beethoven 
   

   

 



page | by Dr. Radut