Sabemos como vos sentides, todos e todas podemos ser refuxiados/as...
Frian Films presenta:
“UNHA HISTORIA DE REFUXIADAS E REFUXIADOS”
Neste curso, no segundo trimestre, incorporouse a clase de 6º un neno refuxiado que saíu do seu país, Siria. Na clase de valores comezamos a investigar no tema dos refuxiados e refuxiadas. Decidimos facer unha curta intentando poñernos na situación de alguén que chega a un país descoñecido . Escribimos o guión entre todos os equipos e despois repartimos as funcións de cada un. Convertémonos en actores e actrices, técnicos de son, cámaras, persoal de vestiario e sen máis... puxémonos a gravar.
ESPERAMOS QUE DISFRUTEDES DO NOSO TRABALLO
E
LEMBRADE QUE TODOS E TODAS PODEMOS CHEGAR A SER REFUXIADOS E REFUXIADAS.