Skip to Content

6ºB presenta: "Exercicio saudable"

"EXERCICIO SAUDABLE“

Unha vez coñecida a temática do PDI deste curso, en 6º B decidimos abordalo dende o punto de vista da necesidade que temos todos e todas de facer exercicio para que, engadido a unha alimentación correcta e a un descanso adecuado, disfrutemos dunha vida o máis saudable posible. Despois de reflexionar e decidir a temática que íamos traballar, organizámonos en cinco grupos para desenvolver os 5 aspectos que consideramos de mais importancia á hora de abordar o exercicio físico. 

 

1.E así, un grupo adicouse a buscar información sobre a planificación necesaria na vida de calquera para organizar o teu tempo e así poder realizar un exercicio mínimo cada semana.

 

2.Outro grupo investigou sobre a importancia dunha correcta alimentación e unha adecuada hidratación, para optimizar o exercicio realizado e incluso o que temos que comer e beber antes, durante e despois de facer exercicio.

 3.O terceiro grupo decantouse pola necesaria equipación para realizar de xeito adecuado o deferente exercicio que podemos realizar (material e vestimenta dos diferentes deportes que nos poden gustar)

 4.O cuarto grupo buscou información de dúas cuestións importantes a nivel físico que debemos coidar e facer correctamente cando facemos deporte ou exercicio, como son o calentamento e os estiramentos.

 

5.E o último grupo adicou o seu esforzo a investigar e descubrir os beneficios físicos e mentais que nos aporta a práctica de exercicio físico. 

 

PONTE EN MARCHA, MÓVETE !!!

GRAZAS 6º B POR ESTE MAGNÍFICO TRABALLO!



page | by Dr. Radut