Continuamos a nosa viaxe por Europa, España e Galicia pero esta vez traballando o relevo e o clima.
Temporalización: 16 de outubro ata o 15 de novembro.
Motivación: En “Máis e mellor actividade física”, co profe de Educación Física, a partir de un circuíto de exercicios físicos cada equipo atopou un sobre. No sobre viña o nome e a imaxe dun prato típico dun país europeo. Tiñan que adiviñar o país, buscando información cos seus ordenadores, e escribir a receita do prato. En lingua galega traballamos as receitas como tipo de textos prescriptivos.
A partir de aquí presentamos un “genially” que vai ser a folla de ruta para o desenrolo do proxecto. Cada alumno e alumna ten a folla de ruta no eva e así saben en cada momento en que fase do proxecto se atopa.
As tarefas finais do proxecto foron:
1.- Planificamos por equipos, en google my maps, unha viaxe ao país que nos tocou investigar a receita do seu prato típico. Despois da súa elaboración fixeron unha exposición da súa viaxe aos demais compañeiros/as.
VIPE
VIP
VOANDO VOU, VOANDO VEÑO
EXPERTOS EN ARTES MARCIAIS
VIAXE A ALEMAÑA
HELSINKI
VIAXE PRATO TÍPICO
VIAXE A RUSIA
2.- Continuamos ampliando o mural colaborativo de Europa. Situamos os sistemas montañosos e os ríos principais. Este mural o utiliza o profe de Educación Física cos circuítos en “Máis e mellor actividade física”.
Ligazón ao traballado en MMAF http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipfrian/node/3236
En 5º de primaria a motivación realizouse do mesmo xeito na sesión de Máis e mellor actividade Física, tendo en conta que a nosa viaxe correspóndese co territorio español.
A folla de ruta quedou marcada polo seguinte plan de traballo:
As tarefas finais do proxecto foron:
1.- Planificamos por equipos, en google my maps, unha viaxe a través de España que nos tocou investigar a receita do seu prato típico. Despois da súa elaboración fixeron unha exposición da súa viaxe aos demais compañeiros/as.
VIAXE A ANDALUCÍA
VIAXE AO PAÍS VASCO
VIAXAR EN GLOBO A VALENCIA
A NOSA VIAXE A CATALUÑA
2. Realización dun libro de receitas dos pratos que nos levaron a cada comunidade autónoma