Skip to Content

Museo de Pontevedra

logotipo del Museo de Pontevedra

 

 

 

 

 

O Mércores, 6 de Marzo fomos o Museo de Pontevedra. O primeiro que vimos foron cousas de acibeche: colares,xoieiros, imaxes, rosarios,cunchas, cruces e figas.

Despois vimos a maqueta dunha embarcación viquinga e a maqueta da Santa María onde foi Colón a América.

Disitntas xoias

Logo vimos as salas de arqueoloxía onde atopamos: espadas, puñais, machadas de pedra, puntas de lanza, muíños, agullas, vasillas de cerámica, restos de áncoras; e o que máis me gustou ¡xoias de ouro!. Entre elas a peza máis antiga de Europa, unha peita feita tamén de ouro. Tamén vimos obxectos de prata.

Vimos tamén o despacho do almirante Méndez Núñez onde había: retratos da raíña Isabel II, uns prismáticos de prata, un cañón dos piratas filipinos e distintas coleccións.

Imágenes de barcos famosos

Máis tarde fomos á sala de louza, toda feita na fábrica de Sargadelos. A continuación vimos a Obra de Castelao onde etaban varias das súas pinturas por exemplo: O neno das piñas, O cego de Taragoña, Eu non quería morrer alá e as súas gafas.

Exposión sobre Castelao

 

E finalmente, vimos unha réplica da cámara de oficiais onde entramos e  finalizamos a visita.

Comentario feito por Pablo 5ºA

 

 



page | by Dr. Radut