MEDIDA COVID-19. INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS

RESUME

 da Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia,sen prexuízo do relatado na citada   

Instrucións do 27 de abril de 2020

PRINCIPIO FUNDAMENTAL:

2.1 Todos os responsables das tarefas educativas, sexan docentes, equipos directivos ou membros das Administracións, extremarán o seu coidado para apoiar os estudantes e as súas familias, así como para facer posible o desenvolvemento das súas tarefas respectivas en condicións que promovan o seu benestar.

CALENDARIO ESCOLAR:

3.2 As actividade lectivas que se desenvolvan durante o terceiro trimestre do curso 2019-2020, sempre condicionadas polo que dispoñan as autoridades sanitarias, non se estenderán máis alá do 19 de xuño de 2020.

AS ACTIVIDADES:

4.1 As actividades lectivas que se desenvolvan durante o terceiro trimestre do curso 2019-2020 deberán combinar de maneira integrada actividades a distancia e as presenciais que puidesen levarse a cabo,...

4.2 Os centros educativos prestarán especial atención a identificar alumnado desconectado por diversas circunstancias ou non localizable e prepararán plans específicos de recuperación do vínculo escolar e de reforzo que lles axuden a reincorporarse á actividade educativa tan pronto como sexa posible.

A TITORÍA

5.1 ...Os centros educativos adaptarán o modelo de titorías a nova situación.

5.2 Os centros educativos organizarán os seus recursos de apoio para favorecer na medida do posible a axeitada atención ao alumnado con necesidades educativas especiais.

QUE APRENDEREMOS?

6.1 ...as actividades lectivas do derradeiro trimestre centraranse nas aprendizaxes e competencias imprescindibles que deberían desenvolver os alumnos e as alumnas, en función da súa etapa, curso, área ou materia, flexibilizando os seus plans de traballo e coidando de non penalizar ou afectar ao benestar do seu alumnado, nin sobrecargalo de tarefas excesivas.

6.2. Durante o terceiro trimestre desenvolveranse actividades de recuperación, repaso, reforzo e, no seu caso, ampliación das aprendizaxes anteriores que resulten necesarias para todo ou parte do seu alumnado. Na medida do posible deseñaranse actividades globalizadoras e interdisciciplinares, debidamente titorizadas.

6.3 A ampliación de aprendizaxes tomará como referentes aqueles obxectivos e competencias clave máis necesarios para a adecuada progresión do alumnado e que para a súa asimilación requiran a mínima intervención docente.

6.4 Para o alumnado que non adquirise as aprendizaxes e competencias imprescindibles nos dous primeiros trimestres do curso, proporánselle actividades que lles axuden a adquirilas...

6.7 Os departamentos didácticos, os equipos de cilo (...), adaptarán a programación didáctica das ensinanzas correspondentes ao ciclo. (...)

AVALIACIÓN

7.2 ... En todo caso, a avaliación das actividades realizadas na fase non presencial, so poderá ter valor positivo para a cualificación do alumnado.

7.3 A avaliación final ... realizarase sobre as aprendizaxes desenvolvidas nos dous primeiros trimestres así como as actividades de recuperación, repaso, reforzo e, no seu caso, ampliación das aprendizaxes anteriores que se desenvolvan durante o terceiro trimestre sempre e cando beneficie ao alumnado.

7.4 Os centros educativos e o profesorado emitirán un informe individual valorativo do traballo realizado polos seus alumnos e alumnas no curso, que inclúa os atrasos que puidesen terse producido e un plan de recuperación destes.

7.5 A promoción de curso será a norma xeral en todas as etapas, considerándose a repetición de curso unha medida moi excepcional.

En ningún caso, o alumnado poderá verse prexudicado polas dificultades derivadas do cambio de metodoloxía a distancia do terceiro trimestre.

Atenderemos calquera consulta  nos teléfonos do colexio, ou por e-mail.

Moito ánimo.