Skip to Content

                      

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

Actividades concello

OBRADOIRO BARAFUNDA-Globos 25N

O DOMINGO 24 DE NOVEMBRO terán lugar os obradoiros 25N perfomance con globos, dirixidos a nenos e nenas a partir de 5 anos.BARAFUNDA será a encargada de dinamizar e realizar a actividade que se desenvolverá en todas as parroquias de Baiona.

GRAFFITI E RAP CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO en Baiona

 A concellería de Igualdade abriu o prazo o pasado 18 de novembro para inscribirse nos obradoiros de GRAFFITI e RAP contra a violencia de xénero.

SAMAÍN TERRORÍFICO en Baiona.

Cross escolar do Val Miñor

ABERTA INSCRICIÓN PARA A PARTICIPACIÓN NA CROSS ESCOLAR, DATA LIMITE DÍA 17 DE OUTUBRO.

Campamento urbán concello de Baiona

Festa da bicicleta 2024

O 17 de maio de 2024 terá lugar a FESTA DA BICICLETA do Val Miñor!

 EN arquivos adxuntos podedes ver o cartel e ler o regulamento.

 

Ante calquera dúbida podedes poñervos en contacto co técnico de deportes do concello de Baiona:

JAVIER F. LÓPEZ (TECNICO DEPORTES MUNICIPAL CONCELLO DE BAIONA) T.986.356.558 deportes@baiona.gal

 

 

 

Centro sociocomunitario de Baiona

     En arquivos adxuntos podedes ver a cartelería de dous novos cursos no Centro Sociocomunitario de Baiona. Son cursos a celebrar nos próximos meses de maio e xuño, subvencionados pola Consellería de Política Social e Igualdade. Contan cunha pequena cuota de inscrición.

 

  1.  Cociña Mediterránea,  a mediados do mes de maio en horario de mañás para un máximo de 8 participantes.
  2. Escritura Creativa, os mércores de mediados de maio a mediados de xuño para 10 participantes

 

 

Horacio Represa Fernández

 Centro Sociocomunitario de Baiona

 Director

 Tlfo: 886.110.124

 

 

BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DE BAIONA



A BIBLIOTECA municipal de Baiona ten preparada unha actividade para todos os públicos dirixida a un público de a partir de catro anos.

O mércores 24 de abril, ás 18H.

"O traxe novo do rei" é unha montaxe con títeres do conto clásico da literatura infantil "O traxe novo do emperador" de Hans Christian Andersen, historia que foi e é publicada en moitos formatos e forma parte das nosas bibliotecas. É un espectáculo que mestura narración oral e teátro dos títeres utilizando diferentes técnicas: títeres de mesa, de boca, variña e figuras.

Entrada de balde ata completar aforo. Non é preciso inscripción previa.

" Pinzón, el marino que adelantó a Colón"

A Concellería de Cultura en colaboración coa Concellería de Educación do concello de Baiona, fai entrega de dous exemplares para a nosa biblioteca do libro titulado "Pinzón, el marino que adelantó a Colón" da autora María Jesús Domínguez Sío. Trátase dunha apaixoante novela sobre a verdadeira historia do navegante e conquistador español.
ROSA, directora do museo de navegación, contounos o astuto que foi Pinzón volvendo ao porto de Baiona para dar a noticia do descubrimento.
 
Moitas grazas ao concello de Baiona por transmitirnos a historia e cultura da nosa vila.
 
 

Obradorio interxeracional *Concello de Baiona*

Distribuir contido


by Dr. Radut