O camiño portugués

Estamos descubrindo moitas cousas do Camiño de Santiago, e unha delas é que polo noso Concello pasa  unha etapa do Camiño Portugués..

Asi que estamos construíndo un mural do Camiño Portugués dende   A Guarda ata Santiago de Compostela.

Primeiro seleccionamos as fotos de diferentes lugares ou cousas que ver durante o camiño. Fontes, pontes Romanas, illas, Castelos....

Despois pegámolas diferenzando as 8 etapas do camiño. E como en todo camiño hai árbores e casas debuxamos diferentes casas, persoas, árbores....

Aínda nos queda traballo pois pola nosa vila atopamos unha chea de MOJÓNS que van ser partícipes deste traballo. Estade moi atentos.....