Xincana pola IGUALDADE

Da man do gabinete psicolóxico A CARÓN , dende infantil ata primaria, realizamos unha xincana de xogos pola IGUALDADE.

Foi unha sesión moi divertida...

Aprendemos a dobrar calcetíns, camisetas, recoller ou limpar cristais entre outras tarefas.

Sabedes cales son os pasos a seguir para facer unha tortilla de pataca? nós sí!

Lembramos profesións como a de árbitra ou banqueira

Aprendemos frases V E R D A D E I R A S :

  • As mulleres tamén son grandes futbolistas
  • Os homes tamén se maquillan e tamén son sensibles.
  • As mozas tamén son aventureiras e fortes
  • As nenas poden levar o pelo moi curto.
  • Aos nenos tamén lles poden gustar os unicornios e a purpurina
  • Os nenos poden xogar con bonecas ou ir con vestido.
  • As nenas tamén son fortes

E tamén algunhas  F A L S A S :

  • Os nenos non se poden pintar as uñas
  • Os homes non choran
  • Os homes son máis deportistas que as mulleres.
  • O azul é unha cor só de nenos
  • As nenas so xogan con bonecas
  • As nenas non poden xogar con coches
  • Os nenos son máis valentes que as nenas
  • Os homes son máis deportistas que as mulleres

En defitiva...

"TODAS SOMOS DIFERENTES MÁIS TODOS SOMOS IGUAIS! XUNTOS NUN MESMO CAIXÓN, QUÉ MÁIS DA, AZUL ROSA QUE VERMELLO, O QUE IMPORTA SON AS CORES DO NOSO CORAZÓN"

 

Seguiremos avanzando cara a IGUALDADE!

 

 

 

Álbum: Curso 2019-2020 -> Xincana pola igualdade
Drupal theme by Kiwi Themes.