Xornada de convivencia coa Asociación JUAN XXIII
O orzamento recibido dos contratos programas INOVA E INCLÚE permitiu ao CEIP encargarlle a Asociación JUAN XXIII xogos de madeira tamaño XXL!
A Asociación JUAN XXIII é unha asociación sen ánimo de lucro dedicada á formación e promoción integral das persoas con discapacidade intelectual.
No día Internacional das persoas con discapacidade *3 de Decembro* realizamos xornadas de convivencia no centro educativo, as persoas que construiron os xogos explicaron ao alumnado as regras e xogaron todas e todos xuntos!
- 8 lecturas