Xornadas STEAM 2024
O alumnado de 6º de Educación Primaria participa no programa Inspira STEAM.
Este é un proxecto pioneiro para o fomento da vocación científico-tecnolóxica entre as nenas, baseado en accións de sensibilización e orientación, que imparten mulleres profesionais do mundo da investigación, a ciencia e a tecnoloxía. O corazón do proxecto son as mentoras, que de maneira voluntaria, achegan o seu día a día a nenas e nenos a través de seis sesións de traballo en horario lectivo. Todas elas son científicas e tecnólogas que desenvolven a súa actividade profesional en diferentes ámbitos: académico, empresarial, investigación, xestión etc.
Durante as sesións de traballo trátanse temas como os estereotipos que nos rodean, o traballo ou mulleres e ciencia ao longo da Historia. Con estes encontros entre mentoras, nenas e nenos quérese axudar a disipar dúbidas e obxeccións sobre as profesións en ciencia e tecnoloxía, a clarificar as súas motivacións e a afianzar a súa autoestima para iniciar o devandito camiño profesional, se así o desexan.
No seguinte link podedes ver un vídeo que explica moi ben o proxecto:
https://www.youtube.com/watch?v=sUvCFR4nWRA&t=17s
- 62 lecturas