¿Por qué esta situación?

AS MULLERES QUE NOS FALTAN.

Nun estudo feito por Ana López Navajas (2015) avaliáronse persoaxes dos libros de texto da ESO:

  1. Só un 12.5% son mulleres
  2. Un 5% están en ciencias
  3. En tecnoloxía 1%: 2 de 228 homes en tecnoloxía
  4. No cine o 82% dos científicos están personificados en homes

POR QUÉ ESTA SITUACIÓN?

As alumnas e os alumnos das aulas de 5º e 6º de Educación primaria fixeron unha pequena búsqueda na rede sobre nomes de mulleres e homes que son científicos ou traballan no campo da ciencia e a tecnoloxía en España. Tras a búsqueda puideron comprobar que  só coñecían algún nome como Margarita Salas (porque recentemente saíra na TV).

Actualmente, a pesar dos avances en igualdade, as mulleres teñen unha limitada presenza nas aulas. Tampouco se fala moito das dificultades que tiveron que enfrentar ao longo da historia para acceder á educación e á investigación.

Estaba previsto realizar esta actividade coa visita de CARMEN GLORIA PIÑEIRO, do IEO VIGO, pioneira na Antártida  e veciña de Sabarís (Baiona). Non visitarnos pero contamos con ela para o próximo curso !!

Tras este pequeno traballo de investigación falamos do EFECTO MATILDA, e para sorpresa de todas e todos, unha alumna de 6º EP realizou de xeito voluntario 2 traballos de investigación: EFECTO MATILDA e MULLERES NA LITERATURA.

É de gran importancia ter REFERENTES e demostrarlle a todos e a todas, que poden chegar tan lonxe como elas ou eles desexen e queiran.

 

"A EDUCACIÓN É A ARMA MÁIS PODEROSA QUE PODES USAR PARA CAMBIAR O MUNDO"

Nelson Mandela

Álbum: Curso 2020-2021 -> POR QUÉ ESTA SITUACIÓN? -8M-
Drupal theme by Kiwi Themes.