Skip to Content

                       

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

6º Ed. Primaria

Visita ao centro adscrito: IES PRIMEIRO DE MARZO

As alumnas e alumnos de 6ºcurso de Educación Primaria esta mañá visitaron o IES 1º DE MARZO. Tendo en conta a proximidade ao noso centro acudimos andando. Nesta visita tamén nos acompañou o alumnado dos coles de Sabarís e Oia. Compartimos o recreo co alumnado do instituto e merendamos todos xuntos no anfiteatro.

AS mestras e mestres do instituto faláronnos do ben que funciona a aula de igualdade e o programa que seguen para a promoción do BO TRATO entre o alumnado. Coñecemos a aula de tecnoloxía, o laboratorio e a aula de ciencias, entre outros, explicáronnos os estudos que fan de areas, rochas e minerais. Convidáronnos a participar na vida do centro mediante os clubs de lectura, o club de ciencia e os comandos de igualdade, entre moitos outros proxectos que desenvolven. Ademais teñen radio e funciona xenial! 

Tivemos unha moi boa acollida por parte de Ana, a Orientadora, Nuria, a codirectora e todo o profesorado!

Chegamos esgotados/as pola subida camiñando pero contentos/as!

 

 

 

Axundates da Biblioteca

Dende o día de hoxe, a nosa Biblio conta cuns axudantes moi especiais. 

O alumnado de 6º realizará diversas tarefas que nos axuden a ter a biblioteca creativa en perfecto estado.

 

Álbum: Curso 2022-2023 -> Axundates Biblioteca

MARCO e Afundación

O 10 de febreiro, as clases de 4º, 5º e 6º de Primaria fomos ao Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO), onde visitamos a exposición "Antropomórfico" de Francisco Leiro. Tamén nos convertimos en artistas e creamos as nosas propias obras de arte.

A continuación fomos á Colección de Arte Afundación para ver a exposición: "A NOSA ARTE. COLECCIÓN DO PARLAMENTO DE GALICIA".

 

Álbum: Curso 2022-2023 -> MARCO E AFUNDACION 4º, 5º E 6º EP

Actividade STEAM: Programando Aves

O alumnado de 6º curso de Educación Primaria realizou unha actividade de Programación da man de ABANCA:

XORNADA STEAM 

PROGRAMANDO AVES

Álbum: Curso 2022-2023 -> XORNADA STEAM

RESERVA DE PRAZA NO CENTRO ADSCRITO

Informamos que está aberto o prazo para a reserva de praza no entro adscrito IES PRIMEIRO DE MARZO.

 

A solicitude debe presentarse no CEIP FONTES BAÍÑA ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital.

 

O prazo de presentación de solicitudes abrangue do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro do 2022, ambos incluídos.

 

Normativa de aplicación:

  • ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 (código de procedemento ED550A e ED550B).

  • ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013.

  • ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

  • DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Anexo I (solicitude) 

Enlace da aplicación coas instruccións para cubrir a solicitude https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ 

 

 

 

 

Excursión de convivencia e fin de curso 5º e 6º de Educación Primaria

As alumnas e alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria estiveron 3 días e 2 noites de excursión no camping OS FIEITAS, no Grove.

A experiencia foi moi boa !! Voltaron todos e todas ben, algo afónicos da emoción pero moi felices!

Álbum: Curso 2020-2021 -> Excursión fin de curso 5º-6º ED. PRIMARIA

DESPEDIDA 6º CURSO

Os nosos alumnos de 6º de primaria rematan un curso atípico. Non puidemos desfrutalos o último trimestre, pero si todos estes anos.

Cando algo bo remata, algo novo e diferente comeza.

Desfrutade e seguide sendo como sodes.;)

 

 

 

Tarefas 6º de primaria

O grupo de 6º curso realiza as súas tarefas diariamente mediante a aula virtual.

RESERVA DE PRAZA DE CENTROS ADSCRITOS

Informamos que desde o día 1 ao 15 de febreiro ábrese o prazo de presentación de solicitudes para a reserva de praza, cambio dun centro a outro ao que se estea adscrito.

O CEIP Fontes-Baíña está adscrito ao IES 1º de Marzo, polo que o alumnado de 6º de Educación Primaria deberá confirmar a reserva de praza nese instituto.

A solicitude pódese facer de xeito manual cubrindo o ANEXO I facilitado polo centro ou entrando na aplicación: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado no menú solicitudes - reserva de prazas - crear solicitude, cubrindo o formulario ED550A na mesma aplicación.

O Anexo I cuberto débese entregar no centro de orixe, neste caso no CEIP Fontes-Baíña. As familias poderán consultar o estado de tramitación das súas solicitudes a través da aplicación informática utilizando o código de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.

A notificación electrónica a través do Sistema de Notificación Electrónica de Galicia Notific@: https://notifica.xunta.gal realizarase con respecto aos trámites e actos propios da competencia das xefaturas territoriais, sempre que a persoa elixira esta modalidade como medio de notificación preferente.

 

 

 

PROGRAMA POLA IGUALDADE...

Os días 2, 4, 9 e 11 de outubro o alumnado de  6º de primaria do noso colexio asiste a un taller para traballar o tema da Igualdade patrocinado polo Concello de Baiona e outras insitucións. A monitora Bibi tratou de facernos reflexionar acerca dun tema tan importante como é a igualadade e a discriminación por razón de sexo . O fin do programa é educar as novas xeracións nos valores que garanten a igualdade de oportunidades.

Distribuir contido


by Dr. Radut