Skip to Content

                       

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

5º Ed.Primaria

"Mirando as praias con outros ollos"

Coincidindo co 8 de xuño, día mundial dos OCÉANOS e por medio da Unidade de Culltura Científica e Innovación da Universidade de Vigo, hoxe no cole o alumnado de 5º e 6º de primaria tivo unha charla con ANA BERNABEU:  "Mirando as praias con outros ollos". Falamos dos tipos de praias, da vida que teñen, o efecto das mareas, efectos negativos nas praias e concienciación medioambiental. Puidemos ver diferentes tipos de area e comparala según a zona: Aveiro (Portugal), Oregón (USA), Tenerife e Alicante.

Grazas a UVigo por axurdar a concienciarnos nunha labor tan importante!

XUNTAS E XUNTOS PROTEXEMOS O QUE IMPORTA.

 

Álbum: Curso 2020-2021 -> OBRADOIRO MAR

5 DE XUÑO: DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Co gallo do Día mundial do Medio Ambiente a CONCELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE de Baiona acudiu ao noso CEIP para impartir unhas charlas moi didácticas sobre a reciclaxe, co obxectivo de divulgar e dar a coñecer o servizo que o Concello de Baiona ofrece en canto á recollida selectiva.

Grazas ao alcalde de Baiona CARLOS GÓMEZ PRAZO e á concelleira de medio ambiente ROSA MARÍA DOMÍNGUEZ RODA por acudir ao noso CEIP e colaborar nunha labor tan importante e necesaria como é a de concienciar ao alumnado da importancia de coidar a nosa fermosa vila.

As charlas foron impartidas ao alumnado de 5º e 6º de Educación primaria, aos cales se lles fixo entrega dun díptico con toda a información (ADXUNTO). Presentaronse os servizos municipais que os veciños e veciñas de Baiona teñen á súa disposición: recollida na rúa(envases, papel, vidro, roupa e aceites),punto limpo, así como a importancia de separar os residuos, non deixar nada tirado na rúa e chamar á liña 900 para asesorarse ante calquera dúbida ou solicitar a recollida de residuos de gran volume.

No noso CEIP xa contamos con un composteiro, alégranos saber que nun futuro non moi afastado, instalaranse na maioría dos municipios.

 

 

Álbum: Curso 2020-2021 -> OBRADOIRO RECICLAXE

Iniciando Proxecto E-DIXGAL!

 

  O CEIP Fontes Baíña pon en marcha o LIBRO DIXITAL por primeira vez. O centro foi integrado no proxecto E-DIXGAL este curso escolar 2020-2021.

As alumnas e os alumnos de 5º de Educación Primaria comezan a desenvolver a súa actividade educativa nun entorno virtual de aprendizaxe, que lles permite acceder a contidos dixitais.

 

 

ALUMNAS E ALUMNOS DE 5º EP COA SÚA TITORA MIRIAM.

Acampada

O nenos e nenas de 5º "fómonos" de acampada durante esta corentena. Elaboramos a lista de todo o necesario para ir de cámping, fixemos unha receita exquisita, preparamos as invitacións, xogamos, contamos contos terroríficos... pero sobre todo, pasámolo xenial!

Espero que vos guste o vídeo!

Enlace a Edmodo

Os nenos e nenas de 5º estamos traballando a través da plataforma EDMODO

 

Vídeo XUNTOS PODEMOS feito polo alumnado de 5º de Ed. Primaria e a súa titora Andrea!

As nenas e nenos de 5º de Ed.Primaria envíannos un vídeo para saudarnos e contarnos cómo están levando estos días.

Moitas grazas polos vosos consellos!!

Para ver o vídeo fai clic en:  XUNTOS PODEMOS

Seara de versos. Proxecto Caligrama 2000.

Hoxe día 26 de outubro o noso alumnado de Quinto curso participou nunha actividade que consistíu na realización de obradoiros de poesía visual, apoiados na metodoloxía do descubrimento a través do método socrático.

Resultado de imagen de dibujos para insertar niños poesía

MARCO e Afundación

O 10 de febreiro, as clases de 4º, 5º e 6º de Primaria fomos ao Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO), onde visitamos a exposición "Antropomórfico" de Francisco Leiro. Tamén nos convertimos en artistas e creamos as nosas propias obras de arte.

A continuación fomos á Colección de Arte Afundación para ver a exposición: "A NOSA ARTE. COLECCIÓN DO PARLAMENTO DE GALICIA".

 

Álbum: Curso 2022-2023 -> MARCO E AFUNDACION 4º, 5º E 6º EP

Vídeo Despedida 5º

O curso 2021-2022 chegou ao sen fin.

Deixamos un pequeno vídeo recordando algúns momentos que vivimos na clase de 5º de Primaria 

BO VERÁN!!

 

 

O álbum elixido (aid = 85) non ten ninguha imaxe, ou non é público!

Proxecto do Colexio "do Benquerer" da asociación Meniños

O  alumnado de 5º de Educación Primaria está participando no proxecto do Colexio "do Benquerer" da asociación Meniños. A través do mesmo realizará actividades para traballar a educación afectivo sexual, a igualdade e a educación emocional.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut