Igualdade
Hoxe as nenas e nenos de 1º e 2º de Educación Primaria tiveron unha visita moi especial; escritora, conta contos, maravillosa! ...Ela é:
PAULA CARBALLEIRA!!!
Grazas ao CIM e a Concellería de Igualdade por agasallarnos con esta actividade!
- 74 lecturas
O Día das Escritoras é unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España en colaboración coa Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia. A V Edición celébrase este ano 2020 o 19 de outubro baixo o lema "O esforzo cotián das mulleres". "Ben se podería dicir que a literatura escrita por mulleres está a miúdo esporeada por unha conciencia esencial do esforzo." , explica Elvira Lindo, comisaria desta V Edición do Día das Escritoras 2020.
As alumnas e os alumnos de 4º de Educación Primaria recitaron un poema de Elvira Riveiro. As redes de Inés. Xerais.
CLICA NA IMAXE PARA PODER VELO!
- 393 lecturas
Esta semana o alumnado de Educación Infantil tivo a visita de CRUZ REFOJOS! Que desenvolve o programa para a intervención da violencia de xénero.
Grazas a Asociación de mulleres con discapacidade de Galicia- ACADAR- e a Deputación de Pontevedra
- 112 lecturas
- Alcalde de Baiona: CARLOS GÓMEZ PRADO
- Inspectora de Educación: MARGARITA PÉREZ FROIZ
- Concelleiro de Educación de Baiona: ÓSCAR CARREÑO MINIÑO
- Directora do CIM de Baiona: ELENA OTERO RODRÍGUEZ
- Asesor de Bibliotecas Escolares-zona sur: PACO DÍAZ REY
- Presidenta da nosa ANPA: VICKY FERNÁNDEZ PULIDO
- Directora do CPI Cova Terreña: ISABEL MARTÍNEZ CABALEIRO
- Directora da Escola Infantil A Galiña Azul: Mª TERESA RODRÍGUEZ GARCÍA
- Responsable en Igualdade do noso centro: CELIA ABELLA FERNÁNDEZ
- Mestres do CPI Cova Terreña
- Mestres do CEIP Fontes Baiña
- Alumnas e Alumnos do centro
- Persoal non docente
- 106 lecturas
O 25 de novembro é o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.
O CEIP Fontes Baíña uniuse á campaña:
"En negro contra as violencias machistas".
O CIM (Centro de Información á muller) organizou unha
CADEA HUMANA contra a violencia de xénero no Concello de Baiona,
na que participamos xunto con todolos colexios do Concello.
Despois da cadea as nenas e nenos representantes dos centros educativos leron MANIFESTOS en contra da violencia machista.
- 114 lecturas
- 27 lecturas
Na semana do 8M, a BILIOTECA do CEIP propuxo unha misión moi importante: buscar LIBROS DE IGUALDADE agochados polos estantes...
A recompensa nun principio non foi como agardaban, pero, tras unha boa reflexión repartiuse de xeito igualtario, posto que NENAS E NENOS desempeñaron o mesmo traballo!
ESTAMOS XUNTAS e XUNTOS pola IGUALDADE!
- 101 lecturas
- 55 lecturas
- CARMEN GLORIA PIÑEIRO- Primeira muller galega que pisou a Antártida
- LUZ OTERO BRANDIN- Policía local
- ISABEL VALVERDE OTERO- 20 anos conducindo un camión.
- MILA LÓPEZ VERNET-Campiona da copa de España de handbike.
Escoitarvos foi unha ensinanza grandísima!
G R A Z A S!
- 154 lecturas
Da man do gabinete psicolóxico A CARÓN , dende infantil ata primaria, realizamos unha xincana de xogos pola IGUALDADE.
Foi unha sesión moi divertida...
Aprendemos a dobrar calcetíns, camisetas, recoller ou limpar cristais entre outras tarefas.
Sabedes cales son os pasos a seguir para facer unha tortilla de pataca? nós sí!
Lembramos profesións como a de árbitra ou banqueira
Aprendemos frases V E R D A D E I R A S :
- As mulleres tamén son grandes futbolistas
- Os homes tamén se maquillan e tamén son sensibles.
- As mozas tamén son aventureiras e fortes
- As nenas poden levar o pelo moi curto.
- Aos nenos tamén lles poden gustar os unicornios e a purpurina
- Os nenos poden xogar con bonecas ou ir con vestido.
- As nenas tamén son fortes
E tamén algunhas F A L S A S :
- Os nenos non se poden pintar as uñas
- Os homes non choran
- Os homes son máis deportistas que as mulleres.
- O azul é unha cor só de nenos
- As nenas so xogan con bonecas
- As nenas non poden xogar con coches
- Os nenos son máis valentes que as nenas
- Os homes son máis deportistas que as mulleres
En defitiva...
"TODAS SOMOS DIFERENTES MÁIS TODOS SOMOS IGUAIS! XUNTOS NUN MESMO CAIXÓN, QUÉ MÁIS DA, AZUL ROSA QUE VERMELLO, O QUE IMPORTA SON AS CORES DO NOSO CORAZÓN"
Seguiremos avanzando cara a IGUALDADE!
- 153 lecturas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
![RSS - Igualdade Distribuir contido](/centros/ceipfontesbainha/misc/feed.png)