Igualdade

 ALEXANDRA RIAL PENEDO, alumna de 6º curso de Educación Primaria, é unha moza comprometida coa Igualdade. De xeito voluntario realizou un excelente traballo de investigación sobre as mulleres na literatura. Recoméndovos que premades na imaxe de XUNTAS para poder visualizalo.

GRAZAS ALEXANDRA!

 

Para conmemorar o 8M, Día Internacional da Muller, o equipo de biblioteca organizou as seguintes actividades:

  • Búsqueda pola biblioteca de libros de igualdade (marcados cunha pegatina violeta)
  • Experimento: reparto desigual da recompensa; as nenas reciben unha menor recompensa polo mesmo traballo realizado só polo feito de ser muller.Proxección de un vídeo, reflexión co alumnado e reparto da mesma recompensa sen desigualdades de xénero.
  •  Exposición de libros de igualdade nos 2 recunchos lectores da IGUALDADE.
  • Interpretación do conto: DANIELA PIRATA (polo alumnado de 6º PRIMARIA) para todo o cole.

 

Álbum: Curso 2020-2021 -> NA PROCURA DA IGUALDADE-8M-

clica na imaxe para ver o traballo realizado pola alumna:

ALEXANDRA RIAL PENEDO

6º EP

PARABÉNS!!!

 

Hoxe conmemórase o Día das FAMILIAS:

Parabéns a todas e a todos, porque cada persoa ten unha familia!

É moi importante saber que todas as familias son xeniais;

non todas as familias son iguais, cada familia é diferente, única e especial!

 

 

MOITÍSIMAS GRAZAS Á CONCELLERÍA DE IGUALDADE E AO CIM DE BAIONA POR AGASALLARNOS COA ACTUACIÓN DA ACTRIZ GALEGA ISABEL RISCO !!

 

Álbum: Curso 2020-2021 -> ISABEL RISCO -8M-

OS CURSOS DE 3º E 4º DE EP TIVERON A HONRA DE COÑECER A MARGARITA PINO:

  • MESTRA
  • DOUTORA EN CIENCIAS DA EDUCACIÓN
  • INVESTIGADORA
  • CATEDRÁTICA DA UNIVERSIDADE DE VIGO

Moitas grazas por compartir con nós as túas vivencias!!

 

Álbum: Curso 2020-2021 -> MARGARITA PINO-8M-

Co gallo do Día Internacional da Muller - 8M- ao longo de toda esta semana realizamos moitas actividades significativas, pero, a de hoxe foi moi especial!, posto que nosos alumnos e alumnas de 6º de Educación Primaria puxeron moito esforzo e ilusión!

Interpretaron o conto DANIELA PIRATA para os/as nenos/as de Educación Infantil e foi todo un éxito!!!

Estamos moi orgullosas de todos e todas!

GRAZAS pola fantástica actuación!

Sodes MAXIA!

Álbum: Curso 2020-2021 -> DANIELA PIRATA por 6º EP

Para conmemorar o 25N visitounos a recoñecida artista baionesa (Sabarís)

 IRENE SILVA

Os/as alumnos/as de 6º de Educación Primaria investigaron sobre a súa vida e obra! defínena como...

Galega! boa persoa, xenerosa, valente, cariñosa, creativa, ilustradora, pintora de mulleres e paisaxes, pintora artística, pintora de mulleres en situacións cotidianas...

Realizou con nós un obradoiro do máis creativo para conmemorar o 25N: Día Internacional da eliminación  da violencia contra as mulleres.

Grazas ao CIM de Baiona (ELENA OTERO) e a Concellería de Igualdade por agasallarnos con este obradoiro tan importante e xenial! 

As siluetas realizadas de tódolos nenos/as formaron parte dunha exposición na praza do Concello de Baiona.
Agardamos que se visibilice a mensaxe que queremos transmitir: 

ANTE A VIOLENCIA NON CALES! 

Álbum: Curso 2020-2021 -> OBRADOIRO NON CALES

ESTAMOS EN CONTRA DA VIOLENCIA MACHISTA.

Para conmemorar o 25 N, as nenas e nenos elaboraron "BOLBORETAS POLO VENTO" que aletean libres.

COMO DIXO ROSALIA DE CASTRO en 1858:

"Eu son libre. Nada pode conter a marcha dos meus pensamentos, e eles son a lei que rexe o meu destino."

 

 

Álbum: Curso 2020-2021 -> BOLBORETAS POLO 25 N

 

Neste día, as nenas e os nenos de 6º curso de Educacion Primaria conmemoraron o 25 de NOVEMBRO, día internacional CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA, tema moi relevante no que aínda é preciso concienciarse. Fixeron carteis reivindicativos e analizaron as letras de cancións do momento como HAWÁI  de Maluma e a súa resposta de  Beatriz Luengo. Tamén se animaron a cantala!

SE QUERES ESCOITALOS PREME NAS IMAXES!

      

Ademais, hoxe, leron un MANIFESTO FEITO POR TODA A CLASE en contra da violencia de xénero.  Este manifesto foi lido por TAIS e BELTRAN en representación de todas/os as nenas e nenos do colexio nun acto organizado pola Concellería de Igualdade na praza do concello de Baiona.

SE QUERES ESCOITALO E VELO PREME NA IMAXE

 

 

POR FAVOR NON CALES, CONTAO!

Distribuir contido
Drupal theme by Kiwi Themes.