Skip to Content

                      

 

 

 

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

CONCURSO DE CREACIÓN ARTÍSTICA

A ANPA organiza un concurso de creación artística dirixido a todos os membros da comunidade educativa no marco do proxecto “A igualdade: un mar de oportunidades”

Bases

  • As temáticas que se plasmarán nas obras serán aquelas traballadas no marco do proxecto da ANPA : a igualdade, a muller do mar de Baiona a e as novas tecnoloxías.
  • As creacións serán orixinais e inéditas, cun máximo dunha obra por autor/a.
  • Realizaranse en láminas de tamaño DIN A4 a unha soa cara proporcionadas pola ANPA. Entregarásenlle ao alumnado xunto cun sobre grande e un sobre pequeno. As familias que desexen participar poderán recoller unha lámina na dirección do centro.
  • A técnica empregada será libre.
  • Establécense unha categoría para cada curso de infantil e de primaria e unha para as familias e o profesorado.
  • Outorgarase un premio por cada categoría.
  • Os debuxos serán valorados por un tribunal integrado por membros da dirección do centro, da directiva da ANPA, da Concellería de Igualdade e a artista Lula Goce.
  • O galardón será un libro sobre a temática da igualdade adaptado a cada categoría, adquirido a través da subvención da Secretaría Xeral de Igualdade.
  • O 25N, con motivo da conmemoración do Día contra a Violencia de Xénero, todas as obras exhibiranse no colexio e entregaranse os premios.
  • Todos os debuxos serán publicados nunha galería a páxina web do centro.
  • As obras poderán difundirse en actos e materiais específicos relacionados coa igualdade.
  • A participación no concurso implica a aceptación de todas as bases.

Presentación dos traballos

  • Os traballos entregaranse no centro ata o 15 de novembro de 2021 e non se admitirán os traballos entregados fóra de prazo.
  • Na parte traseira da lámina figurará o pseudónimo co que se participa. A lámina introducirase nun sobre do mesmo tamaño. Grampado ao sobre que contén o debuxo irá un sobre pequeno pechado no que figurará o pseudónimo no exterior. Dentro do sobre pequeno poñeranse os datos do alumno/a e o curso ; no caso das familias, incluiranse no sobre pequeno os seguintes datos : nome, apelidos e datos do alumno/a ; o profesorado incluirá o seu nome e apelidos.

Animámosvos a participar!

Imaxinación sostible polo S A M A Í N

Para ver os traballos realizados polo SAMAÍN preme nos enlaces:
 
 
 

Día das Bibliotecas Escolares *2021*

Se queres ver as actividades realizadas para conmemorar o 24 de outubro, DÍA das BIBLIOTECAS ESCOLARES, preme no seguintes enlace:


ACTO DE INAUGURACIÓN DA BIBLIO

 

 


TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN SOBRE AS MULLERES DO MAR

Descubre o importante papel xogado desde sempre polas mulleres na conservación dos océanos e na explotación sostible dos recursos mariños. Realiza unha busca de información, obxectos ou fotografías relacionadas co traballo das mulleres do mar en xeral e do ma de Baiona, en particular. Tamén podes realizar entrevistas, escribilas ou gravalas. 

Todos os formatos e as achegas son benvidos e pódesllos entregar á túa titora ata o 5 de novembro de 2021.

O obxectivo é concienciar a comunidade educativa da importancia da sostibilidade do mar desde unha perspectiva de xénero e reflexionar sobre as diferenzas entre homes e mulleres neste ámbito.

 

Para visualizar os fermosos traballos realizados polas nosas alumnas fai clic no título e nome da autora:

 

  1. AS REDEIRAS DE BAIONA, por LÚA GOCE LÓPEZ (6º EP)
  2. INVESTIGACIÓN E ENTREVISTA, por ALICIA RODRÍGUEZ MINIÑO (6ºEP)
  3. A FÁBRICA DE PUGA, por ZOE FERNÁNDEZ OPAZO (6º INFANTIL)
  4.  A BISAVOA ROSA, Por PAULA GOCE LÓPEZ (2º EP)

 

Noraboa e Grazas polas investigacións realizadas dando a coñecer os traballos das mulleres do mar de Baiona.

Día Europeo do Deporte Escolar: 24 de setembro

No CEIP Fontes Baíña encántanos xogar, divertirnos e promocionar a actividade física e o deporte, que é saúde!

 

PREME NO ENLACE PARA VER CÁNTO NOS DIVERTIMOS:

 

DIA DO DEPORTE

 

 

 

CALENDARIO ESCOLAR- Curso 2021-2022

Estimadas familias:

Achegamos para a súa lectura a ORDE DO 19 DE MAIO DE 2021 POLA QUE SE APROBA O CALENDARIO ESCOLAR PARA O CURSO 2021-2022 NOS CENTROS SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA.

Os días seleccionados polo Concello como NON LECTIVOS serán o 24 de setembro e o 1 de outubro de 2021.

 

CLICA NA IMAXE PARA LER A ORDE:

INICIANDO CURSO ESCOLAR 2021-2022

ESTIMADAS FAMILIAS:

Benvidas e Benvidos ao novo curso escolar 2021-2022!!!

 

Achegamos os HORARIOS para as XUNTANZAS de presentación e inicio do curso escolar:

  • MARTES 07/09/2021 

09:30 H reunións de 1º e 2º de Educación Primaria (edificio principal)

10:30 H reunións de Educación Infantil (edificio B)

  • MÉRCORES 08/09/2021

9:30 H reunións de 3º e 4º de Educación Primaria

10:30 H reunións de 5º e 6º de Educación Primaria

SO PODERÁ ACUDIR Á REUNIÓN UN PROXENITOR/A POR ALUMNA/O.  É OBRIGATORIO O USO DE MÁSCARA.

APERTAS E BO COMEZO !!!

BOLSAS DE AXUDAS Curso 2021-2022

ESTIMADAS FAMILIAS:

Informamos que o prazo de presentación de solicitudes para as BOLSAS DE AXUDAS destinadas ao alumnado con necesidade espercífica de apoio educativo remata o día 30/09/2021.

 

A DOCUMENTACIÓN que se precisa é a seguinte:

  • Fotocopia do DNI de tódolos membros da familia.
  • Certificado bancario de titularidade da conta: o alumno beneficiario da axuda ten que figurar como titular da conta.
  • Memoria expedida polo centro ou reeducador que preste o servizo, coa información detallada das características do mesmo, horas semanais, coste mensual e especialista que o presta.
  • Certificado de familia numerosa.
  • Certificado de discapacidade.
  • Calquera informe do servizo de saúde do Sergas.

Se precisades asesoramento da ORIENTADORA do CEIP podedes chamar e solicitar cita martes ou xoves en horario de 8:50 a 13:50h.

Para acceder a WEB con toda a información prema enriba da palabra ENLACE

RECOLLIDA VALES/AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Estimadas familias:

Informamos que xa está dispoñible o LISTADO PROVISIONAL do fondo solidario de libros de texto e material escolar. Podedes consultalo no taboleiro do CEIP ou chamando. O período de reclamacións serán os 2 días seguintes á publicación da listaxe. Poderes pasar a recoller os vales(para material escolar e a compra dos libros de 1º e 2º EP) os días 6, 7 e 8 de xullo en horario de 10:00 a 13:00H.

Lembramos que nas aulas de 5º e 6º de Ed. PRIMARIA terán libro dixital, agás o cuadernillo de inglés (que terán que comprar).Os portátiles DE 5º E 6º e os libros de texto de 3º e 4º EP. entregaranse en setembo.

Apertas!

 

ACTO DE GRADUACIÓN 6º DE INFANTIL E 6º DE PRIMARIA *CURSO 2020-2021*

PROGRAMA ACTO DE GRADUACIÓN: presentadores LÚA e BRAIS ( 5º EP.)

  1. O alcalde de Baiona -Carlos Gómez- inaugura o acto con emotivas palabras.
  2. Obra de teatro: DANIELA E A BRUXA SUFRONISA-Vídeo de despedida 6º Ed. Primara
  3. Musical "piratas del Caribe"- 6º Ed.Primaria
  4. Baile "Mama mía me quiero quedar pero me voy a primaria" + "Gracias a ti" -6º de Ed. Infantil
  5. BAILE DAS ESPADAS- 6º de Ed. Primaria
  6. Entrega de orlas, diplomas e agasallos 6º Infantil
  7. Entrega de orlas, diplomas e agasallos 6º de Primaria
  8. Merenda e festa para a rapazada, mestras e familias.

 

 

OFICIALMENTE GRADUADOS E GRADUADAS!!

Noraboa a todas e a todos!!!

 

 

Álbum: Curso 2020-2021 -> ACTO DE GRADUACIÓN 2020-2021
Distribuir contido


by Dr. Radut