Skip to Content

                       

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

Educación Infantil

Actividades para a semana do 14 e 15 de MAIO

Queridas Familias:

O próximo venres 15 de maio é o Día Internacional da FAMILIA!

Para conmemoralo adxunto un vídeo interactivo con elementos móviles que permiten o acceso a distintas actividades: un pdf sobre a Familia; un conto: En Familia! unha Manualidade e un Xogo para que xoguedes todos/as xuntos/as en familia!(pulsando nas estrelas atoparedes moitas sorpresas!)

Agardo que vos guste e pasedes un MOI FELIZ DÍA...EN FAMILIA!!!

Apertas!

 

CLICA NA IMAXE PARA ACCEDER AO VÍDEO INTERACTIVO

Sesión para o xoves 7 e o venres 8 de MAIO:

Esta semana imos traballar o valor da GRATITUDE

mediante a elaboración dunha receita de galletas con sorpresa!

 

 

CLICA NA IMAXE PARA VER a RECEITA E O VÍDEO

 

 

CLICA NA IMAXE PARA LER A RECEITA CON PICTOGRAMAS 

PLANETA HORTO

Fai uns días chegounos por sorpresa un agasallo ao CEIP:

Urban garden trolley kids! Un carro de xardín urbano infantil!

Todo o alumnado de EDUCACIÓN INFANTIL coa axuda do noso conserxe Miguel e as profes sementamos leitugas, cenorias e ourego.

Agardamos que a colleita sexa boa!!!

 

 

 

 

ROBÓTICA EN INFANTIL

As tecnoloxías este curso teñen un papel esencial no cole....alumnado e profesorado están a tope en materia TIC

A robótica comeza a formar parte das actividades dos máis peques do centro ....empregaron un ROBOT seguidor de rotulador para traballar o trazo, a motricidade fina e grosa, diferentes percorridos....pasárono xenial!!!!

 

 

NOVIDADES DE FONTUGA!

Nosa mascota FONTUGA trouxo unha morea de CONTOS

para comezar o 2021 LENDO na nosa Biblioteca!!!

 

Radiografías dos nosos corazóns!

GRAZAS 

A:

LEIRE PULIDOREBECAENZO 

PAOLAJULIA - ZOE 

MANUEL - CARLAANDREA

GABRIELAIKER SILVAYAIZA

 

Por enviarme unha radiografía do voso marabilloso 

C O R A Z Ó N!

:)

 

 

CLICA NA IMAXE PARA VER O VÍDEO EXPLICATIVO! 

Actividades semana 30 abril

 

CLICA NA IMAXE PARA ACCEDER AO VIDEOCONTO

Despois de escoitalo gustaríame que cada neno e cada nena represente cómo se sinte: por exemplo un corazón cheo de cousas que lles guste facer, imaxes ou palabras recortadas de revistas, persoas as que queren, lugares, fotos, todo o que o seu corazón e imaxinación lles suxira...
Con todas as imaxes recibidas crearemos un collage!!

Clica no arquivo adxunto para acceder ao recurso

 

 

 

Atención Educativa en Educación Infantil

As sesións de Atención Educativa en Educación Infantil durante este 3º trimestre serán explicadas mediante mail as familias e publicadas semanalmente na páxina web do cole: no apartado GRUPOS/Educación Infantil/Noelia.

Agardo que esta situación remate o antes posible e poidamos volver a encontrarnos pronto, mentres tanto seguiremos en contacto telemático.

A P E R T A S!

Noelia

noe.xefa@gmail.com

Sesións xoves 23 e venres 24 de abril:

 CLICA NA IMAXE PARA ESCOITAR A CANCIÓN: "Imos a contar un conto"

 

Ides escoitar un conto titulado PAXARIÑA DE PAPEL

Clica no seguinte enlace: CONTOS CONTADOS

 

Se vos gustou e queredes recitar algunha estrofa do conto ou parte da canción podedes remitir o voso vídeo a: noe.xefa@gmail.com

CLICA NA IMAXE PARA LER O CONTO

 

Fichas para Detectives en casa!

As actividades para DETECTIVES EN CASA son voluntarias, pódense realizar en folios sen necesidade de impresión!

Fai clic en: DETECTIVES EN CASA

Distribuir contido


by Dr. Radut