bibliotecas

 

 

Animación á lectura

INAUGURACIÓN RECUNCHOS LECTORES DA IGUALDADE

 

O luns día 9 de marzo do 2020 conmemoramos o
Día Internacional da M U LL E R~8 de marzo ~
coa inauguración de dous 
Recunchos Lectores da I G U A L D A D E.
Estos recunchos son por e para as nosas alumnas e os nosos alumnos!
 Foron inaugurados da man da Concelleira de Igualdade do Concello de Baiona:
 
YASMINA MOREIRA COSTAS.
E contamos cos seguintes convidados/as de honra:
 
  • Alcalde de Baiona: CARLOS GÓMEZ PRADO
  • Inspectora de Educación: MARGARITA PÉREZ FROIZ
  • Concelleiro de Educación de Baiona: ÓSCAR CARREÑO MINIÑO
  • Directora do CIM de Baiona: ELENA OTERO RODRÍGUEZ
  • Asesor de Bibliotecas Escolares-zona sur: PACO DÍAZ REY
  • Presidenta da nosa ANPA: VICKY FERNÁNDEZ PULIDO
  • Directora do CPI Cova Terreña: ISABEL MARTÍNEZ CABALEIRO
  • Directora da Escola Infantil A Galiña Azul: Mª TERESA RODRÍGUEZ GARCÍA
  • Responsable en Igualdade do noso centro: CELIA ABELLA FERNÁNDEZ
  • Mestres do CPI Cova Terreña
  • Mestres do CEIP Fontes Baiña
  • Alumnas e Alumnos do centro
  • Persoal non docente
 
Os protagonistas do acto foron os nosos alumnos e as nosas alumnas, representados/as neste día por:
YESSICA, HÉCTOR e TAIS de 5º de Ed.Primaria  
MARCOS, DANIELA e SAÚL de  6º de Ed. Primaria
Falaron da Igualdade e invitáronnos a pensar sobre ela.
Non cabe dúbida que recibiron un fortísimo aplauso!!!
 
Como remate o CEIP Fontes Baiña convidou a un "brunch" na Biblioteca do centro.
 
E fomos NOTICIAclic no enlace: telemariñas
 
 
 Con este acto quixemos visibilizar a importancia de traballar e comunicar en IGUALDADE dende a raiz, que é a EDUCACIÓN dos máis pequenos e pequenas.
 
Moitísimas GRAZAS a todas e a todos
pola AXUDA, o ESFORZO e  o TRABALLO REALIZADO. 
 
Álbum: Sen categoría -> Recuncho de igualdade

24 de outubro: Día Internacional da Biblioteca.

    Co gallo da celebración do Día da Biblioteca, o 24 de outubro organizaranse unha serie  de actos no noso colexio. Por cursos, farase un xogo de busca de pezas da mascota da biblioteca coa finalidadede que ao atopalas o alumnado realice un puzzle e entregarlles as mochilas viaxeiras.Tamén faremos unha votación para darlle nome á nosa mascota tartaruga.

UN PASEO POR Baiona

Estimadas familias:

D. Carlos Gómez Prado, alcalde de Baiona, convida a tódalas familias e alumnado ao ACTO de presentación do libro: "UN PASEO POR BAIONA", que se celebrará o vindeiro martes 28 de xuño ás 18:00H nos xardíns da casa de Navegación. O alcalde  acudiu persoalmente ao CEIP para facer entrega de un exemplar do libro para cada alumna e alumno de Primaria.

Moitísimas grazas por este fermoso agasallo!

Na procura da igualdade

Para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, o equipo de biblioteca organizaou as seguintes actividades:

  1. Búsqueda pola biblioteca de libros de igualdade(marcados cunha pegatina violeta)
  2. Experimento: reparto desigual da recompensa; as nenas reciben unha menor recompensa polo mesmo traballo realizado só polo feito de ser muller.Proxección de un vídeo e Reflexión co alumnado.
  3. Exposición de libros de igualdade nos 2 recunchos lectores da IGUALDADE.

ESCOITAR O QUE OUTROS E OUTRAS LEN TAMÉN É UNHA FORMA DE LER

Moitísimas GRAZAS ás ALUMNAS, ALUMNOS, PROFESORAS e PROFESORES do IES 1º DE MARZO de ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL E TURÍSTICA por...

 

Crear un ambiente que nos invita a imaxinar

Transportarnos a un mundo máxico

Axudarnos a soñar cos ollos abertos

 

 

Álbum: Curso 2020-2021 -> Obradoiro de contos polo día do libro 2021

30 de xaneiro: día da paz

A PAZ COMEZA CUN SORRISO.

TERESA DE CALCUTA

 

Non hai camiño para a paz, 

a paz é o camiño. 

GANDHI.

NOVIDADES DE FONTUGA!

Nosa mascota FONTUGA trouxo unha morea de CONTOS

para comezar o 2021 LENDO na nosa Biblioteca!!!

 

Día Mundial do LIBRO creativo!

Neste Día do LIBRO un tanto estraño decidimos dar VIDA ás nosas PORTADAS FAVORITAS! Clica no álbum e a ver se te atopas entre os teus/túas compañeiros/as!

GRAZAS a todas e a todos por participar!

Un traballo F A B U L O S O !

Álbum: Curso 2019-2020 -> DÍA DO LIBRO-23 Abril 2020

O Papagaio!

Estimados nenos e nenas:

No mes de febreiro suscribímonos á revista O Papagaio. Como non podedes lela na Biblioteca do cole adxuntamos en PDF o exemplar do mes de abril para que todas e todos poidades ler na casa. 

Fai clic en: O PAPAGAIO

Abrazos virtuais!!