CEIP Fonte Escura

1ª Travesía de Barreiro, 34 - VIGO

886 120 130

ceip.fonteescura@edu.xunta.gal

Actividades

Día do libro

 

 

O pasado día 24 de abril de 2023 todo o colexio celebrou o día do libro a través dunha divertida actividade de busqueda de obxectos relacionados con contos traballados na aula. Tras isto xuntámonos na biblioteca para escoitar un precioso conto.

Podedes ver máis información premendo AQUÍ

Lembrade visitar a nosa Galería Fotográfica

Saída ao supermercado con 1º e 2º de primaria

O pasado día 31 de marzo de 2023 o alumnado de 1º e 2º cociñou unha deliciosa pizza. Para iso recolleron as espinacas da nosa horta e foron mercar o resto de ingredientes ao supermercado, aproveitando para traballar o sistema monetario.

Podedes ler máis sobre esta actividade premendo AQUÍ

Recordade visitar a Galería Fotográfica!!

Instalación artística "O circo"

         
            

Ao longo deste trimestre e parte do vindeiro o CEIP Fonte Escura en colaboración coa asociación APAMP volve gozar das instalacións artísticas, este curso baixo a temática O CIRCO.

As instalacións son propostas artísticas a través das que convidamos aos nosos alumnos/as a pensar, dar novos significados aos obxectos e a manipulalos.

Preme AQUÍ para ver máis información e recorda visitar a Galería fotográfica!

Distribuir contido

Actividades do centro

Blogue Voz Natura

   

 

              

ANPA SORRISO

Aula Virtual

 

Iniciar sesión