Skip to Content

Programa TAS OU NON TAS

PROGRAMA "TAS OU NON TAS". Capítulo 9.

O noso alumnado déixavos un novo capítulo do Programa "TAS OU NON TAS", onde nos fala das piñas dos piñeiros, máis coñecida na nosa zona por CAROCAS.

Coma sempre, quedou xenial! Parabéns!

PROGRAMA "TAS OU NON TAS". CAPÍTULO 8.

O noso alumnado segue editando e protagonizando o programa "TAS OU NON TAS". Este novo capítulo está adicado a un término moi nomeado na nosa zona, a palabra "Naide". 

Non o perdas!

PROGRAMA TAS OU NON TAS. Capítulo 7.

Este curso seguimos co noso programa “TAS OU NON TAS” con novos colaboradores. Parabéns rapazas e rapaces!

Neste novo capítulo, falamos da palabra “CHUCHO”.

Dende aquí enviámosvos moitísimos chuchiños a todas e a todos!

PROGRAMA "TAS OU NON TAS" 6

O alumnado de 6º déixannos o derradeiro programa "TA OU NON TAS" deste curso 21-22, falándonos da palabra VRAO. Queremos darlles as grazas por todo o marabilloso traballlo que realizaron durante estos meses e desexarlles moita sorte nesta nova etapa!

PROGRAMA "TAS OU NON TAS" 5.

O alumnado de 6º de Primaria segue protagonizando e editando outro entretido programa de “TAS OU NON TAS”. Neste novo capítulo cóntannos, que aquí na Mariña, temos sorte co prezo do “gasol” tal como está a día de hoxe, xa que… “aquí non o botamos, senón que o facemos”.

Programa "TAS OU NON TAS" 4.

O alumnado de 6º de Primaria continúa a traballar na recuperación da nosa fala, convidándonos a ver o capítulo 4 deste entretido programa.

PROGRAMA "TAS OU NON TAS". Capítulo 3.

O noso alumnado de 6º de Primaria segue protagonizando e editando o programa "TAS OU NON TAS". A continuación podedes ver o Capítulo 3. 

PROGRAMA "TAS OU NON TAS". Capítulo 2.

Aquí vos deixamos o segundo capítulo do programa "TAS OU NON TAS", protagonizado, editado e realizado, única e exclusivamente polo noso alumnado de 6º de Primaria.

Quedou xenial! Parabéns!

 

PROGRAMA "TAS OU NON TAS". Capítulo 1.

Dende a biblioteca presentamos o noso novo programa “TAS OU NON TAS”, onde exemplificamos a nosa forma de falar na Mariña.

A continuación deixámosvos o primeiro capítulo, agardamos que vos guste!

Subscribirse a este contido


by Dr. Radut