O noso alumnado de 6º de Primaria déixavos outro novo capítulo do Programa "TAS OU NON TAS", no que nos falan dunha palabra que ultimamente citamos moito, a palabra “CHUVIA”. Adiante vídeo!
A nosa queridísima alumna Valeria Eijo, participou esta semana coa Selección Galega SUB 10 chegando ás semifinais do Campionato de España de fútbol sala que se celebrou en Móstoles. Parabéns Valeria!
Lembramos que ademais do 1 de maio (Día Internacional dos Traballadores), o 29 e 30 de abril non serán lectivos, ao ser os días solicitados polo Centro no comezo de curso e autorizados pola Consellería, tal como se recolle no calendario escolar do curso 2023-24.
A Real Academia Galega adícalle a Luisa Villalta (A Coruña, 1957 – 2004) o Día das Letras Galegas de 2024. Aquí tedes varios enlaces con información da súa vida e obra.
Hoxe o alumnado de 5º e 6º de Primaria visitaron a exposición Innovart2024, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Santiago onde participaron en diversos obradoiros e disfrutaron de concertos e espectáculos escénicos.
Trátase dun evento que aglutina as ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas que se imparten en Galicia.
O pasado 8 de abril, persoal do centro recibiu un obradoiro moi interesante de Primeiros Auxilios organizado pola ANPA e impartido por Aurora Vizoso, enfermeira do 061.
Dentro do Programa “VOZ NATURA”, os grupos de 3º e 4º de Primaria realizamos hoxe unha actividade de limpeza na Praia de Llas, arrincando a especie invasora que tapiza e ameaza as dunas, Carpobrotus Edulis ou Unlla de gato e na procura de lixo que atopamos.
(PREME NA IMAXE PARA VER O VÍDEO DE LA VOZ DE GALICIA)
(PREME NA IMAXE PARA VER O VÍDEO DE LA VOZ DE GALICIA)