Skip to Content

RECURSOS LETRAS GALEGAS 2021.

A Real Academia Galega adícalle a Xela Arias (Sarria, 1962 – Vigo, 2003) o Día das Letras Galegas de 2021. Aquí tedes varios enlaces con información da súa vida e obra.

 

AQUELA NENA DE SARRIA. Colectivo Egeria.

SEMINARIO GALÁN. 

O PORTAL DA LINGUA GALEGA.

UNIDADE DIDÁCTICA (XELA ARIAS)

 

                                

DÍA DA ÁRBORE

Este venres, 30 de abril, celebramos no colexio o DÍA DA ÁRBORE.

Xuntámonos todos na área verde do noso parque e plantamos unha laranxeira.

A continuación eleximos entre todos o nome desta árbore, "FLORA", e cantamos xuntos unha canción: "As árbores da Fraga" de Fol do Vento.

Podedes ver algunhas fotos da conmemoración premendo na imaxe.

 

ADMISION 2021/22

ESTIMADAS FAMILIAS:

COMUNICAMOS QUE TODOS OS NENOS E NENAS QUE SOLICITARON

PRAZA NO NOSO CENTRO FORON ADMITIDOS.

 

Actividades Día do Libro.

Con motivo do DÍA DO LIBRO, o alumnado do noso centro reailizou diferentes actividades de dinamización da lectura:

  Colllage. 6º de Infantil.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Vídeo 4º Primaria.  

 

Recomendacións lectoras. 5º Primaria

 

 Vídeo 3º Primaria

Música: "Nun libro" (Paco Nogueiras)

  

Vídeo. 1º de Primaria

 

DÍA DO LIBRO. Ao aire libro.

A continuación podedes ver as fotos da actividade "AO AIRE LIBRO", realizada o pasado venres na commemoración do DÏA INTERNACIONAL DO LIBRO 2021 

Día do Libro 2021.

Mañá para conmemorar o Día Internacional do Libro realizaremos a actividade “AO AIRE, LIBRO” e así desfrutar tamén da lectura fóra das aulas.

(Preme na imaxe para ver o vídeo promocional realizado polo alumnado de 4º de Primaria)

Conto dramatizado "Feliz Feroz"

No 2º trimestre , dende a biblioteca, realizouse unha actividade de animación lectora co alumnado de Infantil, 1º e 2º de Primaria, coa dramatización do conto  "FELIZ FEROZ", traballado previamente polas nenas e nenos de 2º de Primaria.

Proxecto astronauta.

Con motivo do proxecto "O ASTRONAUTA" que desenvolvemos durante este trimestre, os nenos e nenas de 6º de EI do noso cole, fixeron entre todos un vídeo, esperamos que vos guste:

La Tierra, Espacio, La Luz Del Sol, Rayos De Sol

8M: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Para conmemorar o 8M (Día Internacional da Muller), o alumnado do noso centro realizou diversas actividades:

- O alumnado de 4º de Primaria elaborou un audiolibro co conto "Artur e Clementina". Podedes velo no seguinte vídeo.

 

- O alumnado de 1º de Primaria decorou unha xardiñeira cunhas flores especiais, nas que se poden ler mensaxes que resaltan o valor das mulleres na sociedade. Podedes ver as fotos premendo na imaxe.

DÍA DA PAZ

Para conmemorar o Día da Paz, os/as alumnos/as do noso centro realizaron diversas actividades nas aulas. Podedes ver as fotos premendo na imaxe.

Subscribirse a este contido


by Dr. Radut