LETRAS GALEGAS 2023. FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO.
Para conmemorar o Día das Letras Galegas deste ano, durante todo o mes de maio realizamos diferentes actividades relacionadas co autor homenaxeado, Francisco Fernández del Riego. Entre elas:
- Coñecemos a vida do autor e fixemos libros coa súa biografía, en 1º e 2º e un cómic en 3º e 4º de Primaria. Tamén fixéronse varios xogos, en soporte papel e interactivos
- Como lle gustaba tanto ler os contos de Calleja, entre eles “Un mundo al revés”, os nenos e nenas de Infantil imaxinaron como podería ser ese mundo.
- De pequeno xogaba con xogos tradicionais e gustáballe moito a música, polo que o pasado xoves 11 de maio, tivemos a animada visita de César Freiria, máis coñecido coma Cé Orquestra Pantasma, que nos fixo cantar e bailar sen parar. Ademais tróuxonos un montón de xogos e xoguetes tradicionais e así gozar dun tempo todos xuntos. Foi moi divertido!
- O martes 16 de maio, acudimos ao cine a Ribadeo a ver a película en galego de Chelo Loureiro, titulada “VALENTINA” e desta maneira lembrar que Francisco cando estaba en Monforte de Lemos, ía ao Cine Moderno Barbagelata.
- Destacar que tivo que usar pseudónimos á hora de publicar as súas obras, polo que os nenos e nenas de 3º e 4º de Primaria realizaron o seu propio libriño coas súas citas célebres co corresponde pseudónimo de cada un.
- Lembrando que escribiu libros sobre Danzas Populares, levamos á práctica conxuntamente a “DANZA DOS ARCOS” dende o centro ata a Praia de As Polas.
- O homenaxeado no libro “GALIZA” propón unha ampla viaxe organizada en doce itinerarios ou peregrinacións, o alumnado de 5º e 6º de Primaria, rememorou dito libro realizando eses itinerarios interactivos acompañados de fotografías e vídeos de cada lugar. Ademais, realizamos un roteiro a pé dende a desembocadura do Río Ouro ata o centro, visitando os arredores do río, O Portiño e Castro de Fazouro, o Porto baleeiro, o lavadoiro tradicional…
- En plástica, elaboramos simpáticas caricaturas do autor e gravouse un programa especial das Letras Galegas de “TAS OU NON TAS”, titulado “Que fixo Francisco Fernández del Riego por nós?”, parodiando “Que fixeron para nós os romanos?” da películaa Vida de Brian.
- blogue de biblioteca
- APIs de Blogue
- Imprimir