O noso centro conta coa figura de mestre/a especialistas de Audición e Linguaxe como unha medida extraordinaria de atención á diversidade para o alumnado que presenta necesidades específicas de apoio educativa.  A súa función é, entre outras, axudar á consecución de todas as competencias clave, facendo especial fincapé na competencia en comunicación lingüística, referida ao emprego da linguaxe como instrumento de comunicación oral e escrita.

   Neste curso atoparedes diferentes recursos e tarefas para reforzar todos aqueles aspectos que, como mestras de AL, traballamos no colexio co noso alumnado.