Estamos á espera das instrucións da Consellería de Educación así como da orde ministerial que determine o desenvolvemento académico deste 3º trimestre.
Mentres se concreta todo, o claustro de profesores do colexio decidimos dedicar o luns 20 e o martes 21 de abril á comunicación a través de videoconferencias coas familias e alumnos a través da aplicación Cisco Webex.
Durante estes dous días non se colgarán nin se enviarán tarefas escolares.
Consideramos que despois de máis de 5 semanas de confinamento é imprescindible e necesario que o noso alumnado recupere o contacto tanto cos seus compañeiros como connosco.
Mañá luns, realizaranse en distintos horarios de mañá e tarde para facilitar o acceso das familias as seguintes conferencias:
Alumnos de 1º /4º:
De 12 horas a 13 horas e de 17 hora a 18 horas.
Alumnos de 5º/6º:
De 11 horas a 12 horas e de 18 horas a 19 horas.
Enviarémosvos a ligazón de acceso a cada familia para poder entrar en contacto con cada un dos docentes do centro.
Un saúdo.
A dirección