Boas a tod@s!!!
O próximo 17 de Maio é o Día das Letras Galegas, este ano adicado a Ricardo Carvalho Calero, e aínda que sexa dun modo máis virtual, podemos aprender moitas cousas interesantes.
Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega propoñémosvos coñecer un pouco máis da súa vida e obra a través destes enlaces adaptados aos diferentes niveis:
ENLACE Á BIOGRAFÍA PARA EDUCACIÓN INFANTIL
ENLACE Á BIOGRAFÍA PARA 1º E 2º DE PRIMARIA
ENLACE Á BIOGRAFÍA PARA 3º E 4º DE PRIMARIA
ENLACE Á BIOGRAFÍA PARA 5º E 6º DE PRIMARIA
Na seguinte imaxe poderedes acceder ao relato orixinal de Ricardo Carvalho Calero en formato conto; "As pitas baixo a choiva".
E aquí atoparedes a música:
Clicando na imaxe poderedes acceder a unha edición especial dos Bolechas adicado a Carvalho Calero.
E para rematar, que mellor forma de aprender que...XOGANDO!!!
Deixámosvos dous enlaces a uns xogos para auténticos espías!! Pasádeo moi ben!!! O primeiro é para os máis pequenos e o segundo un pouquiño máis difícil.