Actividades de educación física para final de curso
Ola familias.
Para o final de curso propoñévosvos uns xogos ou deportes ue poderedes facer na casa, na rúa, no campo e na praia. E o que é máis importante: Mantendo a distancia entre as persoas que xogan.
Son actividades de: Indiaca, badminton, pás e disco voador. Non vos preocupedes se non os tedes na casa porque tamén hai explicacións de como facelo con material de reciclaxe.
A practicar coas pás que xa entramos na fase 3 e poderemos ir á praia se o tempo acompaña.
Un saúdo, os mestres de educación física
Preme no enlace para xogar na páxina orixinal: enlace