Skip to Content

3º PRIMARIA

Actividades de inglés para a semana do 18 de maio para 3ºA-B

No seguintes enlace tedes as actividades para esta semana e o vídeo que as acompaña

 

Actividades

Video

ACTIVIDADE CONDICIÓN FÍSICA PARA A SEMANA DO 18 AO 22 DE MAIO

ACTIVIDADE CONDICIÓN FÍSICA PARA A SEMANA DO 18 AO 22 DE MAIO

Bos días rapaces e rapazas.

Esta semana vos propoño dous traballos moi parecidos pola duración das actividades pero diferentes na maneira de elixir o exercicio que teredes que realizar.

O primeiro deles é unha continuación do da semana pasada e coñeceremos algúns dos parques que hai en Carballo á vez que se fan uns exercicios de resistencia e forza.

Forma de traballo: elixes o nivel: 10,20 ou 30 repeticións e descansas 10, 20 ou 30 segundos entre cada exercicio.                            

Na segunda opción, o exercicio elíxese xogando a pedra papel tixeira

Esperamos que vos gusten e que esteades pasándoo cada vez mellor coa vosa familia e amigos aínda que sexa a distancia.

Un abrazo enorme para todos e recordade que tedes outras actividades no calendario deste enlace.

Solucións actividades de inglés

Solucións actividades de inglés

SOLUCIÓNS

Actividades de terceiro de primaria_semana do 18 ao 22 de maio

Actividades de terceiro de primaria_semana  do 18 ao 22 de maio

Ola familias.

Publicamos as actividades para a vindeira semana. Esperamos que esteades disfrutando das pequenas saídas que se poden facer.

Boa fin de semana.

enlace

 

Actividade condición física_ "Derrubando muros con pintura"

Actividade condición física_ "Derrubando muros con pintura"

Ola a tódalas familias. Seguimos avanzando e cada vez podedes facer máis cousas, alegrámonos por vós e esperamos que esteades todos moi ben para poder disfrutalo.

Esta semana, ademais das actividades que xa tedes propostas neste enlace podedes facer unha tarefa que está relacionada cun proxecto do concello de Carballo que se chama "Derrubando muros con pintura". 

Sabedes que por Carballo adiante hai moitos murais pintados nos muros e mesmo no colexio hai uns cantos. Pois ben, partindo no colexio imos ver algunhas das obras e en cada unha faremos un exercico de condición física. Así, ademais de mellorar a nosa forma coñecemos mellor a nosa vila.

Este é o enlace se queres velo na páxina real. enlace

Se premes no "i" de información poderás ver as regras. Elixe un nivel que se adapte ás túas posibilidades.

Un abrazo moi forte dende o departamento de educación física

Distribuir contido


by Dr. Radut