Skip to Content

Educación física

INICIACIÓN AO BALONMÁN, FOLLA DE INSCRICIÓN

No enlace está a folla de inscripción para unha actividade de balonmano para os alumnos/as de 4º, 5º e 6º de educación primaria

 

 

 

 

FOLLA INSCRIPCIÓN (pdf)

FOLLA INSCRIPCIÓN (word)

Campionato provincial de campo a través en Ferrol

O venres 17 de. marzo Cayetana e África, alumnas de sexto do colexio, participaron no campionato provincial de campo a través.

Gran mérito para elas e moi boa actuacióbn durante todas as fases nas que participaron. Noraboa.

INFORMACIÓN CAMPO A TRAVÉS 2022-2023

Nota informativa para o día da carreira de campo a través.

Estimadas familias.

O martes 20 de decembro o seu fillo/filla vai participar na carreira de campo a través que se vai celebrar no polígono industrial de Carballo.

Os estudantes teñen que vir ao colexio como calquera outro día, é dicir, estar nel antes das 9.30h. Daránselle os dorsais aos atletas e marcharemos en bus para o lugar da carreira.

Dámosvos algunha información que vos pode interesar:

1.Os escolares estarán acompañados por mestres do colexio tanto no colexio como no campo de fútbol.

2.Iremos en bus, os estudantes non poden ir directamente dende as súas casas. Teñen que estar no colexio á hora de costume.

3.Os familiares poden ir ver aos atletas ao campo. Os horarios poden variar así que se aconsella ir con 15 ou vinte minutos de antelación.

4.horarios das carreiras. 

HORA CATEGORÍA DISTANCIA
11:00 Infantil masculino  1.500 m
11.15 Infantil feminino 1.500 m
11:30 Alevín masculino 1.000 m
11.45 Alevín feminino 1.000 m

5.     

De todas maneiras, podedes mirar na páxina web do colexio, no apartado educación física, onde aparece toda a información: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipfogarcarballo/node/1655

6.     

Material e equipamento para o día da carreira:

Probablemente o alumnado non voltará ao colexio ata as 12h da mañá, polo que ademais da roupa deportiva terá que vir co material necesario para as dúas últimas horas. A non ser que os seus titores ou mestres lles digan o contrario.

Roupa deportiva para o día da carreira: Aquela roupa coa que seu fillo/filla se sinta a gusto. Calzado cómodo, pantalón curto, mallas ou chándal e camiseta ( de cor branca se é posible). Se vai frío tamén poden correr con suadoiro. Pode traela xa posta da casa.

Os escolares poden cambiarse nos vestiarios do colexio, e poden deixar no mesmo o material educativo para ese día. Ademais, no campo de fútbol haberá vestiarios para que os atletas se poidan cambiar e/ou duchar.

MOI IMPORTANTE: 

Se o seu fillo/a usa broncodilatador, deberá levalo este día.

Para despois da carreira o alumno/-a levará unha muda pola posibilidade de que se manche e/ou molle. 

Esperamos que vos sexa útil esta información e que os vosos fillos/fillas pasen un gran día.

Un saúdo

 A continuación e premendo nos enlaces poderedes acceder a toda a infromación que nos mandaron dende o concello e deporte escolar.

 

 

 

 

Psicomotricidad (Infantil) - Educación Física (1º-2º)

Seguro que os acordáis que jugamos en la clase con las pelotas voladoras.

¡¡¡Pues llega el momento de que se lo enseñes a tu familia!!!

Actividades de educación física para estes días na casa

ACTIVIDADES DE EDUCACIÓN FISICA PARA ESTES DÍAS QUE ESTAMOS NA CASA

O primeiro exercicio que vos propoño consiste en facer 20 jumping jacks cada vez que abrades á neveira, seguro que que desa maneira imos estar moi, moi FIT.

O segundo exercicio é iste. Fixen un xogo da ruleta da sorte con actividades para facer en casa. Basicamemte consiste en realizar a tarefa que aleatoriamente vai saíndo. Algúns son para facer dunha vez e outros son para realizar ao longo do día. Espero que vos gusten.

Premendo na imaxe podedes acceder á páxina.

O xogo está en inglés e en español, pero pódese cambiar de idioma premendo no botón correspondente. Na páxina do xogo, se pasades co rato por riba do nome de cada xogo, aparece a descrición en tamaño máis grande.

Subo as imaxes tamén como archivos adxuntos por se non podedes acceder a Geneally.

Un abrazo

 

Distribuir contido


by Dr. Radut