ACTIVIDADE CONDICIÓN FÍSICA PARA A SEMANA DO 18 AO 22 DE MAIO
ACTIVIDADE CONDICIÓN FÍSICA PARA A SEMANA DO 18 AO 22 DE MAIO
Bos días rapaces e rapazas.
Esta semana vos propoño dous traballos moi parecidos pola duración das actividades pero diferentes na maneira de elixir o exercicio que teredes que realizar.
O primeiro deles é unha continuación do da semana pasada e coñeceremos algúns dos parques que hai en Carballo á vez que se fan uns exercicios de resistencia e forza.
Forma de traballo: elixes o nivel: 10,20 ou 30 repeticións e descansas 10, 20 ou 30 segundos entre cada exercicio.
Na segunda opción, o exercicio elíxese xogando a pedra papel tixeira
Esperamos que vos gusten e que esteades pasándoo cada vez mellor coa vosa familia e amigos aínda que sexa a distancia.
Un abrazo enorme para todos e recordade que tedes outras actividades no calendario deste enlace.