Skip to Content

EDUCACIÓN FÍSICA_ TELÉFONO FITNESS_GRUPOS TONI E JUAN RAMÓN

EDUCACIÓN FÍSICA_ TELÉFONO FITNESS

Durante esta semana imos mellorar un pouco a condición física, para iso ides utilizar un teléfono que os mestre de educación física poñemos á vosa disposición.

Propoñévosvos que fagades unha chamada o luns e outra o mércores a calquera persoa con quen che gustaría falar: avós, avoas, amigas, tíos, primas,...

Ademais, podedes aproveitar para aprender o teléfono dos vosos pais para usalo cando sexa necesario.

Instrucións do dispositivo

  1. Teclear o número de teléfono da persoa a que queiras chamar. A teclear cada número teredes que facer o exercicio que se vos pide.
  2. O teléfono non funciona moi ben polo que entre un número e outro teredes que descansar 15 segundos polo menos. Se non tedes cronómetro, contade ata 1015, empezando por 1000. É dicir, 1001, 1002, 1003, 1004 e así ata chegar ata 1015.
  3. Cando teñades terminado podedes aproveitar e facer unha chamada real á persoa na que estabades pensando. Segurísimo que o facedes moi, moi feliz.

 Este é o teléfono     

Deixámosvos aquí o plan para o resto da semana. A pasalo ben e a facer felices a algunhas das persoas que vos queren e que teñen gañas de saber de vós.

Un abrazo.

Hecho con Padlet


page | by Dr. Radut