ACTIVIDADES MUSICAIS E OBRADOIRO DE COCIÑA
Boas familias! Que tal estades? Esperamos que o mellor posible xa que esta situación é moi complicada de levar, cada vez máis.
Nós seguimos aquí e volvemos con forza para superar este confinamento con propostas como as que propoñemos a continuación. Esperamos que desfrutedes facéndoas. Recordade que son actividades voluntarias e que podedes gravalas ou sacarlles unha fotografía e envialas ao seguinte e-mail: bolboretafeiticeira@gmail.com (e-mail da profe de música, Bea). Agradecemos que indiquedes o voso nome e a clase a que pertencedes ou o nome da titora.
A por elas! Moito ánimo!
Clicade nas imaxes para acceder: