Skip to Content

A escritora Marica Campo visita o noso cole

O 15 de maio estivo Marica Campo co alumnado de quinto e sexto. Tiveron a oportunidade de compartir impresións coa escritora do libro que leron este trimestre.

Visita ao Eroski

O 13 de maio o alumnado de 3 e 5 anos foi ao supermercado Eroski para coñecer os produtos que se venden, onde están colocados, adiviñar alimentos, probalos...

Regueifeiros no Flavia e do Flavia

O 13 de marzo o alumnado de 6º tivo un obradoiro de regueifas. Despois,  todo o alumnado tivemos a oportunidade de escoitar aos regueifeiros profesionais e aos regueifeiros "amateur" do noso centro (que traballaron anteriormente no obradoiro). Aquí tendes o vídeo.

 

A TVG retransmite dende o Ceip Flavia

O mércores 8 de maio a TVG acode ao Ceip Flavia para gravar planos recursos do noso centro educativo e entrevistar a unha psicóloga. Podedes velo a continuación a partir do minuto 10 do vídeo aproximadamente.

 Clicade seguinte enlace:

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/programa-160-4107540 

 

Programa de acollida co alumnado de Ceip Carcacía

O mércores 8 de maio estiveron os alumnos/as de 2º de Primaria do centro adscrito CEIP de Pousada Carcacía, para coñecer aos compañeiros/as que terán cando comecen 3º de Primaria e  tamén as nosas instalacións. Tiveron un grande recibimento e expectación. Tal e como se merecen!!!

 

 

Realizamos un vídeo para «Somos Creativos»

O alumnado de  5º e 6º de primaria estivo realizando un vídeo co tema «Somos creativos»

Visita á exposición de bicicletas no Convento do Carme

O 25 de abril o alumnado de 3º a 6º de Primaria tivo a oportunidade de asistir a unha exposición de bicicletas no Convento do Carme en Padrón.

Exposición do traballo de Educación Responsable: Somos Creativos

O alumnado de 5º B e 6º B estivo o pasado 5 de abril expoñendo en Santiago de Compostela, xunto a outros centros educativos, o seu traballo de Educación Responsable: Somos creativos.

Listaxe provisional de alumnado. Admisión curso 2019/20

A continuación poderedes abrir os arquivos adxuntos onde aparecen as listaxes provisionais de admitidos e excluídos para o curso 2019/20.

4º Educación Infantil (3 anos)

5º Educación Infantil (4anos)

6º Educación Infantil (5 anos)

A noticia dos nosos Superlíderes sae publicada en dous xornais

 

A noticia sobre o gran éxito que tiveron os alumnos de 3º do Ceip Flavia sae publicado nos xornais de El Correo Gallego e La Voz de Galicia.

Distribuir contido


by Dr. Radut