Skip to Content

Cambio de horario no transporte do martes (despois do comedor)

Queremos informar que a saída do transporte escolar do martes durante o presente curso 2019/20 adiántase ás 16:15 horas. Por este feito, as familias poderán recoller ao alumnado non transportado xusto despois da saída dos autobuses.

Unha asociación de Conxo agasállanos cun microscopio

O domingo 1 de setembro unha asociación de Conxo que leva peregrinando a Padrón e, especialmente ao Santuario da Escravitude, agasallounos cun microscopio. Moitas grazas.

Bolsas e Axudas para o alumnado con Necesidade Específica de Apoio Educativo (Curso 2019/20)

Está aberto o prazo para a solicitude de Bolsas e Axudas para aquel alumnado con Necesidade Específica de Apoio Educativo para o presente curso escolar 2019/20: As solicitudes podédelas realizar desde o 28 de xullo ata o 26 de setembro de 2019 a través da páxina web do Ministrerio de Educación Ciencia e Deporte (MECD)

Preme aquí para acceder á paxina do Ministerio.

 

 

Horario do primeiro día de clase

O vindeiro mércores 11 de setembro comezan as clases. O horario para ese primeiro día é o seguinte:

 

Educación Infantil (4 e 5 anos): Comezarán ás 10,30 e a saída será ás 12,30. (O alumnado de 3 anos terá o horario correspondente ao período de adaptación).

 

Educación Primaria: Comezan ás 10,00 e sairán ás 12,30.

Reunión coa titora de 3 anos para o período de adaptación. Curso 2019/20

O venres 6 de setembro ás 10 da mañá  terá lugar unha reunión coas familias do alumnado de 4º de Educación Infantil (3 anos) para concretar aspectos do período de adaptación. 

Celebramos o fin de curso bailando zumba

Libros de texto para o curso 2019/20

Para o alumnado de Primaria: consultade nos arquivos adxuntos para saber os libros de texto que se necesitarán para o  curso 2019/20. En canto ao material de música: o libro do curso correspondente recollerase en Gráficas Padrón A PARTIR DO 1 DE SETEMBRO e o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria deben traer tamén a frauta. (Enderezo: Gráficas Padrón: Rúa Real nº 28).

Para o alumnado de Infantil: na reunión que haberá en setembro informarásevos do material que se precisará durante o curso.

Libros e xogos recomendados dende a biblioteca para o verán

Dende a biblioteca fanse unhas recomendacións da libros interesantes para ler  este verán.

O alumnado de Infantil sae de excursión

O martes 18 de xuño o alumnado de infantil foi de excursión á Casa do queixo en Sobrado dos Monxes. 

O alumnado de 5º e 6º sae no xornal La Voz de Galicia.

O alumnado de 5º e 6º de primaria asistiron a unha charla enmarcada no programa Prensa escuela. Por este motivo saíron no xornal La Voz de Galicia.

Distribuir contido


by Dr. Radut