Actividades
A NOSA HOMENAXE ÁS LETRAS GALEGAS
Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega queremos dar as grazas a toda a comunidade educativa por facernos chegar toda esta manchea de palabras para poder elaborar esta presentación a modo de libro. Agora temos este “Tesouro” que serve para contribuír a enriquecer o noso vocabulario, recuperar palabras esquecidas dos nosos maiores para que non desaparezan e, por suposto, un recurso que poder utilizar nas aulas e actividades futuras que fagamos.
Temos que coidar unha lingua que nos diferenza, que nos representa e que nos fai sentir orgullosos.
Como sorpresa e agradecemento pola vosa participación, deixámosvos dous xogos sobre Ricardo Carvalho Calero para que xoguedes en familia.
Moi agradecidos por tanta colaboración!
FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS A TODOS!
OUTRAS ACTIVIDADES (LETRAS GALEGAS 2020)
Outras actividades levadas a cabo nesta semana, porque non hai nada que nos pare!!
- Dramatización do conto “As pitas baixo a choiva” (alumnado 5 anos).
- As nosas historias na nosa lingua (alumnado 1ºA)
- Cuestionario para pequenos Ricardo Carvalho Calero
- Os xogos tradicionais.
- Libro 3ºA "Palabras de nove letras".
- Libro 3ºB "Palabras de nove letras".
- Conto por teléfono (alumnado 3ºA).
- Debuxos do conto “As pitas baixo a choiva” (alumnado 3ºB).
- Mensaxe das “Meigas do Castrillón” polas Letras Galegas.
E recordade que aquí tedes información e diferentes actividades interactivas para seguir aprendendo moito sobre o noso homenaxeado das Letras Galegas.
ARGALLANDO COUSIÑAS PARA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!
Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega queremos propoñervos con motivo da Celebración do Día das Letras Galegas esta proposta:
Convidámosvos a todos (alumnado, profesorado e familias) a participar nesta celebración. Animádevos!!!
Tamén deixamos esta canción “Fálame” de Paco Nogueiras como motivación a esta proposta.
Premede no arquivo adxunto para escoitala. Esperamos que vos guste!!!
LETRAS GALEGAS 2020: RICARDO CARVALHO CALERO
Este ano, a Real Academia Galega dedícalle a Ricardo Carvalho Calero o Día das Letras Galegas.
Como nos últimos anos, o Seminario Galán preparou un extenso traballo dedicado á vida e obra do autor homenaxeado neste día, con actividades para realizar en papel e no ordenador adaptadas a Educación infantil e todos os cursos de Educación primaria.
Aquí tedes todos os recursos nestas dúas imaxes interactivas para ir aprendendo moito sobre Ricardo Carvalho Calero.
Ademais, no portal da Lingua Galega tedes moitos recursos:
Recomendarvos tamén esta páxina “Primavera das Letras” con diferentes recursos sobre Ricardo Carvalho Calero:
Desde a Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra comparten connosco un amplo proxecto pensado para alumnado desde os 3 ata os 12 anos relacionado co persoeiro das Letras Galegas 2020:
E no blog de Aulas Galegas temos varios recursos sobre Ricardo Carvalho Calero:
8 DE MARZO - DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Con motivo da conmemoración o 8 de Marzo do Día Internacional da Muller propúxose como actividade para todo o alumnado que tratasen na aula o tema “Que é unha muller…” co fin de conseguir unha sociedade máis xusta na que tanto nenas como nenos teñan os mesmos dereitos e oportunidades en tódolos ámbitos da vida.
Despois deixaron pegadas algunhas desas reflexións nunha silueta de muller.
CAMIÑANDO XUNTOS HACIA A IGUALDADE!!!
Homenaxe a Rosalía de Castro
Un traballo realizado polo Equipo de Dinamización da Língua Galega do colexio en colaboración co alumnado e profesorado.
UN ENTROIDO CON MOITA MARCHA!!!
Foi este venres soleado do 21 de febreiro cando os 489 alumnos-as do colexio acompañados do profesorado e as familias demostraron todo o seu poderío. Aquí no seguinte vídeo e galería de imaxes podedes ver unha boa selección dos mellores momentos. Norabóa!!
ALBUM DE FOTOS
POLA IGUALDADE
Para lembrar que o 25 de novembro é o Día Contra a Violencia de Xénero, compuxemos un mural no que en dúas mans fomos escribindo accións e/ou actitudes ás que dicimos SI! porque favorecen a igualdade e outras ás que dicimos NON! por ser sexistas ou violentas.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »