Actividades
Venres de Mecos e mandadiños
Este ano faltou o noso tradicional festival, que agardamos recuperar no vindeiro curso. Mentres os deixamos imaxes de todos os grupos co Meco, celebrando este venres de Entroido no colexio.
A RAG premia ao colexio
A Real Academia Galega da Língua Galega ven de conceder ao noso centro un dos tres premios convocados no concurso "Contádenos o voso día das Letras Galegas". Como explica a RAG na súa web "exemplo do gran labor do profesorado e das familias durante o confinamento para facer realidade a celebración das Letras Galegas. Entre outras propostas, o alumnado de 5 anos gravou dende a casa unha dramatización do devandito relato, inspirado na infancia do autor e moi empregado nas aulas do alumnado de infantil o do primeiro ciclo de primaria de toda Galicia pola súa idoneidade para estas etapas. O equipo de dinamización lingüística tamén se implicou de cheo na celebración e preparou dous xogos sobre Carballo Calero, baseados no xogo da ruleta e nos birlos".
Parabéns a todas e todos os que participáchedes dun xeito ou outro, especialmente ao EDLG do colexio por poñer a iniciativa e a proposta en marcha.
POLO NADAL CHEGA O APALPADOR!!!
Pili, do Laciño Laranxa, achéganos un conto do Apalpador, un vello carboeiro do Courel que baixa das montañas nestas datas e palpa a barriguiña dos nenos/as para ver se están ben mantidos, deixándolles agasallos e máis unha presa de castañas.
Moitas grazas pola colaboración!!! Encantounos o conto!!!
E aquí tedes unhas cancións para non parar de bailar con este entrañable personaxe do Nadal galego.
"O Apalpador", de Paco Nogueiras.
"O Apalpador", Roberto Grandal e Leandro Lamas
"O Apalpador". Música orixinal: Javier Prado Espiñeira. Letra: Cristina Corral Soilán
"O Apalpador”, de Pablo Díaz
"O Apalpador", de Mamá Cabra en LSE por AZ. Lengua de Signos
"O Apalpador", de Pirilampo.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »