A RAG premia ao colexio
A Real Academia Galega da Língua Galega ven de conceder ao noso centro un dos tres premios convocados no concurso "Contádenos o voso día das Letras Galegas". Como explica a RAG na súa web "exemplo do gran labor do profesorado e das familias durante o confinamento para facer realidade a celebración das Letras Galegas. Entre outras propostas, o alumnado de 5 anos gravou dende a casa unha dramatización do devandito relato, inspirado na infancia do autor e moi empregado nas aulas do alumnado de infantil o do primeiro ciclo de primaria de toda Galicia pola súa idoneidade para estas etapas. O equipo de dinamización lingüística tamén se implicou de cheo na celebración e preparou dous xogos sobre Carballo Calero, baseados no xogo da ruleta e nos birlos".
Parabéns a todas e todos os que participáchedes dun xeito ou outro, especialmente ao EDLG do colexio por poñer a iniciativa e a proposta en marcha.