Skip to Content

AXUDAS PARA LIBROS PARA O CURSO 2013/2014

A convocatoria de axudas para a adqusición de libros de texto foi publicada no DOG do día 31.05.2013. O prazo de entrega da documentación é dende o día 3 de xuño ata o día 3 de xullo ambos incluidos. Podedes descargar a orde, a solicitude e a nota informativa nos seguintes enlaces:


- Orde do 30 de maio de 2013


- Solicitude (Anexo I da Orde)


- Nota informativa


 

CONCERTO DIDÁCTICO

O martes 21 de maio visitounos ANTÓN CASTRO, que nos deu un concerto didáctico para @s alumn@s de 5º e 6º. Con el cantamos e descubrimos que as culleres, os vasos, as tazas... poden ser instrumentos musicais. Tamén nos mostrou como facían os músicos nas feiras antigamente e ensinounos un cantar de cego terrorífico!

AVALIACIÓN DIAGNÓSTICO 2013

Os días xoves 23 e venres 24 de maio terán lugar as probas da avaliación de diagnóstico para os alumnos/as de 4º de Primaria que seguirán a seguinte orde:

XOVES:

- Competencia matemática, duración de 60 minutos

- Descanso, duración de 20 minutos

- Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico, duración de 60 minutos

VENRES:

- Competencia en comunicación lingüística, duración de 60 minutos

- Descanso, duración de 20 minutos

- Cuestionario de contexto, duración de 45 minutos

As familias tamén terán que cubrir un cuestionario que levarán os alumnos/as o venres e que teñen que devolver como moi tarde o mércores.

 

LISTAS PROVISIONAIS DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2013/2014

As listas provisionais de admitidos para o curso 2013/2014 son as seguintes:


- Lista de admitidos de 3 Anos


- Lista de admitidos para resto de cursos

Todo Teatro con Salvador Forján

Os días 30 de abril, o 7 e 14 de maio contamos no colexio coa presenza de Salvador Forján, técnico do Centro Dramático Galego, para realizar a actividade "Todo teatro" na que ensinou ao alumnado de infantil e de 1º,2º e 3º de primaria tódolos segredos do teatro: como se fan e manipulan os monicreques, a importancia da luz, os micrófonos... Tamén nos falou sobre o dramaturgo Roberto Vidal Bolaño, a quen se lle adica este ano o Día das Letras Galegas.

Moitísimas grazas a Salvador por ensinarnos o teatro "por dentro", polo seu esforzo, a súa pacencia e por ser tan divertido. Moitas grazas, Salvador.

NÓS EN GALEGO.............FACEMOS DE TODO

Actividade realizada polo alumnado de Infantil e Específica do CEIP Felipe de Castro para fomentar o uso da nosa lingua.

CARTAZ LETRAS GALEGAS 2013

           ROBERTO VIDAL BOLAÑO  

Nado en Santiago de Compostela o 31 de xullo de 1950 e falecido na mesma cidade o 11 de setembro de 2002, foi un autor, director e actor de teatro galego, pioneiro da dramaturxia profesional en Galicia. No ano 2013 adícaselle o Día das Letras Galegas.
Este é o cartaz que realizaron alumn@s de 6º de Primaria do noso centro.

 

 

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA DO CEIP FELIPE DE CASTRO

O pasado día 03/05/2013 inagurouse a Biblioteca do CEIP Felipe de Castro contando coa presenza de distintas autoridades, entre elas, o director xeral de Centros e Recursos Humanos (José Manuel Pinal), o xefe territorial de Educación da provincia de A Coruña (Indalecio Cabana Leira), o inspector do centro (Rodrigo Porral Mato), o alcalde de Noia (Rafael García Guerrero), a concelleira de educación do concello de Noia (Mari Domínguez), un representante da ANPA. o profesorado do equipo da Biblioteca e o equipo directivo do centro. Asi mesmo contamos coa colaboración desinteresada de dous profesores do conservatorio municipal de Noia (Serafín Marcos e Dalibor) e un ex-alumno do centro actualmente estudante de filoloxía hispánica galardoado en varios concursos literarios que recitou varias poesias aos nenos/as. Para máis información pincha aquí.

Visita do alumnado de 4º de Primaria a Santiago.

O día 26 de abril o alumnado de 4º de primaria fixo unha saída a Santiago de Compostela pra asistir a un concerto didáctico e tamén para visitar o Museo Pedagóxico de Galicia e poder comprobar como eran as escolas antigas e o material do que dispoñían os mestres e estudantes naquel tempo.

Visita Cultural a Noia

Durante diferentes días do mes de abril os alumnos/as dos tres ciclos de Educación Primaria realizaron unhas saídas a Noia para visitar o Museo do Mar, O Museo das Laudas Gremiais, a Praza de Abastos, as diferentes casas señoriais existentes na nosa vila, etc...

Aquí vos deixamos a ligazón a unha pequena presentación fotográfica sobre esta actividade.

Distribuir contido


by Dr. Radut