![]() |
![]() |
Dende o Concello de Noia informan que saiu publicada no Boletín Oficial da Provincia da Coruña a convocatoria para o curso 2022-2023 das axudas para adquisición de libros de texto e material didáctico e para o financiamento do servizo de comedor escolar para educación infantil e primaria .
O prazo para presentar as solicitudes de ditas axudas comenza o 16 de xuño ata o 7 de xullo de 2022 (ambos incluídos)
A continuación adxuntamos a resolución que aproba a convocatoria para o curso 2022-2023 das axudas para adquisición de libros de texto e material didáctico e para o financiamento do servizo de comedor escolar para educación infantil e primaria , así como o modelo de solicitude . Recordar que no caso de que as axudas se soliciten para dos ou máis irmáns, deberá presentarse unha solicitude por cada alumno.
As solicitudes deberán presentarse, correctamente cubertas e coa documentación obrigatoria completa, a través do Rexistro de entrada ou da sede electrónica do Concello de Noia.
Dom | Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |