Fotos da Biblioteca
DESCRICIÓN MÍNIMA
A biblioteca distribúese en cinco zonas ou seccións diferenciadas:
- Zona de xestión e información xeral.
- Sección destinada o emprego das novas tecnoloxías da información e da comunicación.
- Sección de xogos destinada a favorecer o desenvolvemento cognitivo lúdico.
- Zona de lectura para os alumnos/as máis pequeños/as (Ed. Infantil, 1º e 2º de Ed. Primaria).
- Zona de lectura para os alumnos/as de 3º,4º,5º e 6º de Ed. Primaria.
PRINCIPAIS RECURSOS
- Na zona de xestión e información xeral, dispoñemos dun ordenador de mesa e dunha impresora para realizar o traballo de catalogación de libros, préstamos, ofrecer información, …
- A biblioteca dispón dunha pantalla dixital, dun canón, dun ordenador portátil e de varios ordenadores de mesa.
- Diferentes tipos de xogos lúdicos colocados en varios estantes.
- Estante con material audiovisual (CD de música, de películas e documentais).
- Estantes con libros de consulta colocados por seccións (dicionarios, atlas, libros de ciencias, …).
- Estantes con libros de lecer distribuídos por edades (galego e castelán separados).
SERVIZOS Á COMUNIDADE EDUCATIVA
- Servizo de préstamo de libros destinado a fomentar o gusto e o hábito pola lectura e a escritura.
- Realización de actividades complementarias coas que se pretende desenvolver no alumnado á adquisición de aprendizaxes innovadoras e activas e contribuir á mellora do proceso de ensino e de aprendizaxe.
- Servizo de atención polas tardes (de martes a xoves en horario de 4 a 6)