“Programa para unha transición ecolóxica. Pequenos xestos que implican unha gran
solución.”
O pasado venres 04 de outubro, o alumnado de 6º de Primaria, en colaboración co CEIDA (Centro de Extensión universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia) realizou unha actividade para implicarse coa preservación do medio ambiente.
Dita actividade constou de dúas partes:
- Nunha primeira sesión, realizouse no centro educativo unha charla para o alumnado sobre a problemática do lixo mariño. Os membros do CEIDA expuxeron de maneira sinxela e amena as causas e consecuencias do problema dos residuos nos océanos, en particular dos plásticos dun só uso, concenciándonos do impacto negativo das accións da xente e que facer para reducir ou tentar mitigar os seus efectos.
- A segunda sesión, levada a cabo o venres 04 de outubro, transcorreu na Praia de Testal onde, de xeito práctico, fixemos unha revisión do estado da Praia e limpeza da mesma. Realizamos un inventario dos residuos recollidos, anotando nunha ficha o tipo e cantidade de cada un deles. Ao remate calculamos o seu peso e fixemos unha posta en común en base ao tipo de residuo predominante, por que cremos que puido chegar alí, como se podería evitar…
Recollemos, en tan só unha hora e media 76,37 kg de lixo e, unha das cousas máis curiosas que atopamos e recollemos foi unha botella cunha mensaxe dentro…