CIRCULAR - RELACIÓN DE PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS
NO SECTOR DE PAIS/NAIS OU TITORES/AS LEGAIS DE ALUMNOS/AS
Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidaturas para a elección dos representantes de nais/pais ou titores legais do alumnado no CONSELLO ESCOLAR do Centro, segundo convocatoria de 30 de outubro de 2024, a XUNTA ELECTORAL deste Centro educativo fai pública a relación de nomes dos candidatos/as que se presentan á referida elección, segundo se indica de seguido por orde alfabético de apelidos:
1. Alvarellos Paz, María Fernanda.
2. Bispo Villar, Esperanza María.
3. Iglesias Bouzas, María Jesús.
4. Quintela Pazos, María Elena.
5. Rodríguez Fraga, Mercedes.
6. San Vicente Gutiérrez, Alejandra.
Segundo o establecido no artigo 41 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21) corresponde elixir no presente proceso electoral a 3 pais/nais ou titores legais, dun total de 5 que debe ter o Consello Escolar, continuando 1 representante de pais/nais ou titores legais como consecuencia da súa elección anterior no ano 2022, e 1 é proposto como representante da ANPA “UXÍO”.
Segundo o punto 5º da Convocatoria de elección de pais/nais ou titores/as legais para o Consello Escolar do 30 de outubro, a campaña electoral comprenderá dende o 11 ao 17 de novembro, ambos días inclusive.
O que se fai público para xeral coñecemento.
Cee, 11 de novembro de 2024
A DIRECTORA DO CENTRO E
PRESIDENTA DA XUNTA ELECTORAL,
Asdo.: María José Rodríguez Pérez
ELECCIÓN DOS REPRESENTANTES DE NAIS, PAIS
OU TITORES LEGAIS DO ALUMNADO AO CONSELLO ESCOLAR
CIRCULAR INFORMATIVA
De acordo coa Convocatoria do día 30 de outubro, o próximo día 19, martes, en horario de 9:30 a 15:30 horas, celebrarase neste Centro a votación para a elección de representantes dos pais, nais ou titores legais do alumnado no Consello Escolar do Colexio. Para participar na referida votación, tal como se sinalaba na citada Convocatoria, procederase da seguinte forma:
1º.-Quen pode votar.
Teñen dereito a votar todos os pais, nais ou titores legais do alumnado matriculado no Centro que figure no Censo que ao efecto aprobou a Xunta Electoral e tras a súa exposición pública regulamentaria. Tal dereito corresponde indistintamente ao pai e á nai, podendo votar ambos os dous.
2º.- Modo de emitir o voto.
a) O voto será directo, secreto e non delegable.
b) Os modelos de papeletas e sobres da votación serán, obrigatoriamente, os previamente fixados pola Xunta Electoral do Centro, dos que haberá cantidade suficiente no local da votación.
c) Nas referidas papeletas figurarán os nomes dos candidatos, por orde alfabética de apelidos e cada elector deberá marcar cunha cruz un máximo de 2 nomesdas candidaturas relacionadas, debendo acreditar a súa identidade no momento de votar, mediante a presentación do DNI ou documento similar.
d) Finalizada a votación procederase ao acto do escrutinio dos votos, que será público e, unha vez realizado, levantarase a correspondente acta.
A dirección deste Colexio anima a todos os pais, nais e titores legais do alumnado a que participen na votación do próximo martes, 19 de novembro como unha forma máis de colaboración na organización do Centro, a fin de conseguir a máxima representatividade posible de pais/nais ou titores legais no Consello Escolar.
Cee,30 de outubro de 2024
ELECCIÓNS DOS REPRESENTANTES DE NAIS, PAIS E TITORES LEGAIS AO CONSELLO ESCOLAR CONVOCATORIA
De acordo coa Resolución do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros de educación non universitaria (DOG do 18 de setembro), aXUNTA ELECTORAL deste Centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar,SECTOR DE PAIS, NAIS E TITORES/AS LEGAIS DE ALUMNOS/AS, segundo as seguintes normas:
1. De acordo co disposto no artigo 41 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21), redactado conforme ao establecido na disposición adicional terceira.1 do Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro (DOG do 26), corresponde elixir no presente proceso electoral a 3 pais/nais1, dun total de 5 que debe ter o Consello Escolar. Os outros 2 representantes de pais/nais ou titores/as legais continúan como consecuencia da súa elección anterior no ano 2022.
2.- Son electores todos os pais e nais ou, se é o caso, os titores legais do alumnado matriculado no Centro e incluídos no Censo correspondente que a partir do día 30 de outubro está exposto no taboleiro de anuncios. As reclamacións ao referido Censo realizaranse mediante escrito razoado dirixido á Xunta Electoral, ata o mércores, día 6 de novembro.
3.- Son elixibles os pais e nais ou, se é o caso, os titores legais, que formulen a súa candidatura oficial segundo o modelo que se facilitará na Secretaría do Colexio. As candidaturas poderán ser presentadas do 1 ao 8 de novembro.
4.- O sorteo dos membros da mesa electoral realizarase en acto público, entre os pais/nais ou titores legais que non se presenten como candidatos, o día 11 de novembro, ás 13:00 horas. Dita mesa electoral estará composta pola Directora do Centro, que actuará como Presidenta, e catro pais/nais ou titores legais, actuando de secretario/a o/a de menor idade.
5.- A campaña electoral comprenderá dende o 11 ao 17 de novembro, ambos días inclusive. As dependencias e servizos do Centro estarán a disposición dos candidatos, previa petición á presidenta da Xunta Electoral, sempre que o seu uso non altere o normal funcionamento educativo do Colexio. O día 18 de novembro, véspera das votacións, non se poderá facer campaña electoral.
6.- Poderán actuar como supervisores da votación os pais/nais ou titores legais dos alumnos/as matriculados/as no Centro que sexan propostos pola ANPA ou, no seu defecto, que estean avalados cando menos pola sinatura de 10 electores.
7.- As votacións realizaranse neste Colexio Público o día 19 de novembro, desde as 9:30 horas ata as 15:30 horas. A mesa electoral será constituída o mesmo día, en acto público, ás 9:15 horas.
8.- Na papeleta de votación cada elector fará constar un máximo 2 nomes2 dos/as candidatos/as presentados/as, debendo acreditar a súa identidade ao momento de votar, mediante presentación do D.N.I. ou documento similar. O voto será directo, secreto e non delegable e non se admitirá o voto por correo.
9.- Teñen dereito ao voto o pai e a nai ou, se é o caso, o titor legal dos alumnos.
10.- Finalizada a votación procederase ao escrutinio dos votos, que será público, e unha vez realizado, levantarase acta para ao seu envío a Xunta Electoral do Centro.
11.- A Xunta Electoral do Centro resolverá as dúbidas e reclamacións que se poidan formular.
O EQUIPO DA DINAMIZACIÓN DE BIBLIOTECA FIXO ENTREGA DOS DIPLOMAS DO CLUBE DE LECTURA E O REMATAR TIVEMOS A SORTE DE VER BAILAR A LARA, PAULA, SERENA E RAÚL.
HOXE O ALUMNADO DE INFANTIL INVITAMOS ÁS FAMILIAS PARA VER OS NOSOS BAILES DE FIN DE CURSO E A GRADUACIÓN DE 5 ANOS.
GRAZAS ANPA POR ESTE CONCERTAZO DE PAKOLAS: "RAMONA ORBITA. A DONA DO TEMPO"!!!!!
Hoxe foi un día moi especial, as nenas e os nenos de catro anos presentamos o noso libro O castiñeiro de cores. As nosas familias acompañáronnos e escoitáronnos atentamente.
Grazas a todos e todas por vir.
Hoxe participamos nunha charla sobre a saúde bucodental impartida polos estudantes do I.E.S. Agra de Raices do ciclo medio de Auxiliar de enfermeria.
O profesorado do CEIP Vila de Cee participando no PFPP de Polos Creativos; en concreto, formándose no uso de impresoras 3D. Este plan de formación tamén inclúe formación en pantallas dixitais e intelixencia artificial.
Tivemos no colexio unhas xornadas de Ping Pong nas que descubrimos este bonito deporte. Quédavos aquí este álbum para que poidades ver as fotos.
Bos días,
Estes días tivemos visitas moi especiais. Viñeron vernos os Reis Magos e o Apalpador! Podedes ver que ben o pasamos nesta galería de imaxes.
Boas tardes,
Coma cada curso por estas datas, compartimos con vós este Calendario de Advento que preparamos con actividades do Nadal para realizar cada día a que corresponda. Esperamos que o desfrutedes.
O martes 31 de outubro celebramos o Samaín no colexio. Pasamos unha xornada de medo e misterio con contacontos, exposición de cabazas, disfraces e ambientación centrada nesta popular festividade celta. Aquí vos deixamos este vídeo para que poidades ver que ben o pasamos!
Pola presente infórmase que acaba de ser publicada a listaxe definitiva de alumnado admitido para o curso 2023/2024 no CEIP Plurilingüe Vila de Cee
Por protección de datos, esta listaxe só se pode consultar presencialmente no tablón de anuncios do centro (no interior das instalacións do colexio) e tamén a través da aplicación AdmisiónAlumnado, para o que será preciso identificarse coa Chave365 ou con certificado dixital.
En todo caso infórmase que TODO O ALUMNADO QUE PRESENTOU SOLICITUDE FOI ADMITIDO.
PREMA NO SEGUINTE ENLACE PARA ACCEDER A CONVOCATORIA:
Pola presente infórmase que acaba de ser publicada a listaxe provisional de alumnado admitido para o curso 2023/2024 no CEIP Plurilingüe Vila de Cee
Por protección de datos, esta listaxe só se pode consultar presencialmente no tablón de anuncios do centro (no interior das instalacións do colexio) e tamén a través da aplicación AdmisiónAlumnado, para o que será preciso identificarse coa Chave365 ou con certificado dixital.
En todo caso infórmase que TODO O ALUMNADO QUE PRESENTOU SOLICITUDE FOI ADMITIDO.
A partir do día de hoxe ábrese un prazo de cinco días para posibles reclamacións.
Estimada comunidade educativa:
De conformidade co previsto no artigo 8.1 do Regulamento das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria, aprobado polo Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21 de outubro), por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos comunicamos o cambio de denominación de centro:
Denominación actual: Colexio de Educación Infantil e Primaria (CEIP) Plurilingüe Eugenio López.
Nova denominación: Colexio de Educación Infantil e Primaria (CEIP) Plurilingüe Vila de Cee.
Un saúdo, o equipo directivo
Convidámosvos a visitar o blog da biblioteca. Alí vos espera a Guía de Lecturas de Nadal, con información dos libros incluídos nela.
Esperamos que vos guste.
Non esquezades premer en "Raposín" para acceder ao apartado de biblioteca
PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS NO SECTOR PAIS/NAIS E TITORES/TITORAS LEGAIS DO ALUMNADO
Finalizado o prazo de candidaturas para a elección do consello escolar, a xunta electoral fai pública a relación de nomes dos/as candidatas/os:
SECTOR FAMILIAS
1.
Carmen Aurora López Pazos
2.
Rodríguez Franco, Jesús
Corresponde elixir no presente proceso electoral a tres pais/nais.
As votación realizaranse o día 20 de decembro de 9:30h a 15:30h.
Atentamente,
A xunta electoral.
Aquí vos deixamos o Calendario de Advento deste mes de decembro. Preme na imaxe para acceder a el. Esperamos que vos guste!
Estimadas familias:
Comunícaselles ao amparo do disposto no artigo 7.2 da Orde do 20 de maio de 2022 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2022/23, que o día 05/12/22 será día non lectivo.
Atentamente, o equipo directivo.
Esta fin de semana celébrase o Campionato do Mundo de Bailes Caribeños IDO 2022 en Varsovia (Polonia).
Serena, alumna do noso cole, e o seu compañeiro Raúl, remataron como campións do Mundo de bachata e subcampións en salsa e merengue.
Ademais, son os actuals campións de Galicia e de España.
Serena rematou tamén, xunto coa compañeira Sara, campioa do mundo en bachata feminina por parellas.
Dende o cole queremos darvos a nosa noraboa e dicirvos o orgullosos que estamos de vós!
Estimadas familias, tras rematar as obras e acondicionar as zonas de entrada, comunicamos que o próximo luns 17 comezaremos a realizar as filas do seguinte xeito:
1º, 2º e 3º: entrarán pola zona do portarlón e realizarán as filas na zona indicada no plano.
Infantil, transporte, 4º,5º e 6º: entrarán pola porta principal e realizarán as filas nas zonas indicadas.
En caso de chúvia entrarán polas portas indicadas e dirixiranse a realizalas no patio cuberto, no casó de infantil dirixiránse as aulas.
Boas familias! Comeza o cole e como sabedes as obras faltalles un pouco por rematar por iso a continuación facilitamos a información para a entrada ao centro do alumnado, durante o tempo no que sigamos en obras e como se realizará unha vez rematadas.
A continuación axuntase o plano para as entrada ao centro “CON OBRAS”.
|
INFANTIL |
1º 2º 3º |
4º 5º 6º |
ENTRADA |
Porta principal |
Porta principal (diríxense ata o patio cuberto rodeando o comedor) |
Pavillón
|
Unha vez rematen as obras, enviarase un ABALAR, para comunicar o cambio, e realizaremos as entradas do seguinte xeito.
|
INFANTIL |
1º 2º 3º |
4º 5º 6º |
ENTRADA |
Porta principal |
Primeiro portalón |
Porta principal (diríxense ao patio cuberto rodeando o comedor) |
LÉMBRASE QUE AS PORTAS DO CENTRO ABRIRANSE AS 9:20
Un saúdo, o equipo directivo.
Publicada a listaxe provisional de axudas de libros de texto para o alumnado de Educación Primaria do vindeiro curso 2022-2023.
As vías para a consulta desta listaxe serán as seguintes:
- Realizar chamada ao centro (881880455).
- Enviar correo electrónico ao ceip.eugenio.lopez@edu.xunta.gal
- Acudir ao centro en horario de 10:00 a 13:00
Entrando en https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/ e posteriormente no menú "Cidadáns". Poderase reclamar nos dous días seguintes á publicación da listaxe provisional.
A listaxe definitiva publicarase o 22 de xullo.
Os vales, tanto para libros como para material, poderanse recoller no centro dos días 18 ao 29 de xullo.
Estimadas familias:
Segundo a Instrución 2/2022, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, do 1 de xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso escolar 2022-2023, para poder ser usuario deste servizo haberá que entregar no centro o modelo de autodeclaración (Anexo II) (A renda neta per cápita familiar corresponderá ao ano 2021).
Para colaborar no comedor, haberá que entregar o Anexo III desta Instrución debidamente cuberta e aportar a acreditación de non ter sido condenado en sentencia firme por delitos sexuais, ademais de certificación acreditativa dunha entidade financeira onde dispoñan de conta.
Lembramos que a secretaría do centro permanecera aberta ata o 29 de xullo de 10:00 a 13:00.
Atentamente,
O EQUIPO DIRECTIVO
Estimadas familias:
Pola presente comunicamos que a partir de mañá, xoves 30 de xuño, poderán recoller os historiais académicos do alumnado de 6º de Educación Primaria en horario de 10.00 a 13.00 horas.
Atentamente,
O EQUIPO DIRECTIVO
Publicadas as listaxes definitivas para a admisión do alumnado para o curso 2022/2023 no taboleiro da entrada (no interior) do centro. O prazo para formalizar a matrícula é do 20 ao 30 de xuño.
Dende a secretaría do centro infórmase da publicación no taboeiro de anuncios do centro, dos alumnos admitidos no proceso de prematricula para o ano 2022/2023.
Bos días!
Como a semana que vén celebramos o Entroido, deixámosvos aquí os mandados do Meco para que os poidades consultar.
AO LONGO DA XORNADA, O ALUMNADO COLOCOU NA REIXA LAZOS AMARELOS PARA CONTRIBUIR NESTE DÍA.
ADEMAIS DENDE A FUNDACIÓN ALADINA PEDIRON QUE O ALUMNADO VIÑERA CUN PANO NA CABEZA PARA RENDIR HOMENAXE AO NENOS/AS E ADOLESCENTES QUE A CAUSA DO CANCRO E OS SEUS TRATAMENTOS PERDEN O PELO
SECTOR PAIS/NAIS/TITORES LEGAIS
- Mercedes Rodríguez Fraga
- Mª Jesús Iglesias Bouzas
- Elena Quintela Pazos
SECTOR DE PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS
- Melania Liñeiro García
Cee, 24 de novembro de 2021
A Xunta Electoral
PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS NO SECTOR PAIS/NAIS E TITORES/TITORAS LEGAIS DO ALUMNADO
Finalizado o prazo de candidaturas para a elección do consello escolar, a xunta electoral fai pública a relación de nomes dos/as candidatas/os:
SECTOR FAMILIAS
- Canosa Traba, Soraya
- Iglesias Bouzas, Mª Jesús
- Quintáns Trillo, Mª Consuelo
- Quintela Pazos, Mª Elena
- Rodríguez Fraga, Mercedes
- Rodríguez Franco, Jesús
Corresponde elixir no presente proceso electoral a tres pais/nais.
As votación realizaranse o día 23 de novembro de 9:30h a 15:30h.
Atentamente,
A xunta electoral.
Informamos de que os días non lectivos concedidos para o presente curso académico son: 7 de decembro de 2021 e o 16 de xuño de 2022 (correspondente a festividade local).
A directora,
Mª Jesús Souto Caamaño
Lembramos que os vindeiros días 11 e 12 de outubro non hai escola tal e como publicamos no apartado de "calendario escolar" a comezos de curso.
Atentamente: o equipo directivo
Estimadas familias:
Lembrámoslle como realizar as entradas e saídas do centro escolar, especialmente nos días de choiva no seguinte arquivo adxunto.
Atentamente.
Equipo Covid.
Estimadas familias:
A continuación publicamos o Plan de Adaptación á situación Covid adaptado a sitiación COVID no curso 2021/2022.
Un saúdo,
O equipo COVID
Estimados pais, o Xoves 9 de Setembro comeza o servizo complementario de comedor. Os rapaces de infantil comen nas súas aulas e os nenos de Primaria farano no comedor nun só turno separados en grupos de convivencia estable.
As faltas de asistencia deberán ser xustificadas por escrito e antes das 10 da mañá do día no que vai a faltar o alumno, os xustificantes colleranse en conserxería ou ao pe desta nota (datos adxuntos) e entregaranse en conserxería.
A saída dos rapaces será na seguinte orde:
Infantil casa---15:15
Primaria casa- 15:25
Transporte-----15:40 (escepto os Luns que saíran as 16:20)
Estos horarios poderan demorarse os 2 primeiros días.
Recordarvos que o único fin destas normas e para o mellor funcionamiento do servizo de comedor.
As clases darán comezo o próximo día 9 de setembro. Dendo o equipo directivo poñemonos a vosa disposición e desexámoslle a toda a comunidade educativa un feliz comezo de curso 2021/2022
FONDO LIBROS
- Xa están dispoñibles para consultar en secretaría as listaxes definitivas do fondo libros para o curso 2021/2022
- Seguen pendendes de recollida os vales de libros e material escolar para o curso 2021/2022
COMEDOR
- O 1 de setembro reanudarase o proceso para a solicitude de praza no comedor escolar de alumnado e axundantes de comedor.
Xa están dispoñibles no centro os cheques de libros e material escolar para o curso 2021/2022, o horario de recollida será de luns a venres de 10:00 a 13:00 na secretaría do centro.
Dispoñible tamén a listaxe provisional para consultar (na secretaría do centro) do fondo de libros 2021/2022 do alumnado de 3º,4º,5º e 6º.
Atentamente: O equipo directivo
NOVO EQUIPO DIRECTIVO
Infórmase ás familias da toma de posesión do novo equipo directivo do CEIP Plurilígüe Eugenio López o cal estará formado por:
- Dirección: María Jesús Souto Caamaño (mestra de Educación Infantil)
- Xefe de Estudos: Julio Piñeiro Arias (mestre de Educación Primaria)
- Secretaria: Leticia Domínguez Domínguez (mestra de Audición e Linguaxe)
INFORMACIÓN ALUMNADO DE 6ºEP
Infórmase dende a secretaría do centro que o alumnado promocionado de 6º de EP pode recoller os expedientes académicos.
INFORMACIÓN COMEDOR
Ábrese o plazo de comedor:
- Solicitude de prazas de comensais ata o día 15 de xullo.
- Aberto o prazo ata o día 8 de setembro de colaboradores voluntarios nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usario de comedor durante o curso 2021/2022.
Infórmase tamén que se poden recoller as taxas de comedor do mes de xuño.
Atentamente o equipo directivo.
Estimadas familias,
Lembramos que o mércores 16 de xuño é festivo local, polo tanto non haberá clases.
Saúdos,
A directora.
Estimadas familias:
O período para presentar as solicitudes está aberto desde hoxe ata o 22 de xuño.
As solicitudes poderán presentarse por vía electrónica (preferentemente) empregando a aplicación informática fondolibros a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, ou ben presencialmente no propio centro. O horario de atención ao público é de luns a venres de 9:45 a 11:45 horas. Os pais/nais que teñan que realizar algún destes trámites deberán agardar a súa quenda fóra do recinto escolar e, tras premer o timbre, seguir as indicacións do persoal do centro.
As persoas interesadas deberán presentar o anexo I, anexo II e a documentación complementaria que se adxunta.
Así mesmo podedes consultar a orde do 6 de maio que regula o proceso e información xeral sobre o mesmo nos seguintes adxuntos.
Atentamente,
O equipo directivo
Velaquí o novo logotipo do CEIP Plurilingüe Eugenio López!
Moitas gracias a Alberto Sanisidro de Farnesio Art por deseñalo.
Estimadas familias:
Comunicamos que todo o alumnado que solicitou praza para o vindeiro curso escolar foi admitido ( publicación no taboleiro do centro ).
A formalización de matrícula será do 10 ao 30 de xuño en horario de 10:00 a 13:00 horas.
Atentamente,
O equipo directivo.
Estimadas familias:
O prazo de solicitude de admisión para o vindeiro curso estará aberto desde o día 01 ata o 22 de marzo, ambos inclusive.
Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opcións descritas a continuación:
- Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro: para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá entrar en https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ e seleccionar a opción de menú "Solicitudes-Admisión-Crear". Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela "Confirmar solicitude". Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón "Confirmar" e poderá descargala para asinar e presentar no centro.
- Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica: para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital; para elo deberá premer na icona verde que se atopa arriba a dereita. Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú "Solicitudes-Admisión-Crear". Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que ten que indicar os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela "Confirmar solicitude". Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón "Confirmar" e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá firmar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de firma remate correctamente. IMPORTANTE: Debe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia o anexo II bis dixitalizado (Comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar, última páxina da solicitude que pode visualizar e descargar nesta aplicación). Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.
- Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro: se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro:
Documentación a presentar: Fotocopia libro de familia ; sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, de darse o caso; e documento acreditativo da discapacidade do alumn@,irmáns, proxenitores ou titores legais, de ser o caso.
Atentamente,
O EQUIPO DIRECTIVO
Xa que este ano non podemos realizar unha xornada de portas abertas de forma presencial, queremos compartir este vídeo onde vos amosamos o centro por dentro.
O prazo de solicitude é do 1 ao 22 de marzo.
Agardámosvos!
-Informamos ás familias do alumnado de 1º, 2º e 3º que as entradas e saídas realizaranse da maneira establecida para o curso 20/21(portalón1º,2º,3º).
-Lembramos a toda a comunidade educativa que o vindeiro luns, 7 de decembro, é o Día do Ensino e polo tanto, día non lectivo.
Saúdos.
O vindeiro luns iniciaranse obras no centro educativo,polas cales, debemos modificar provisionalmente as entradas e saídas do alumnado de 1º,2º e 3º. Estas modificacións afectarán aos días 30 de novembro e 1 e 2 de decembro segundo o previsto.
O alumnado afectado procederá do seguinte xeito:
- O día 30 de novembro: O alumnado entrará como viña facendo e sairá 1º e 2º pola porta principal e 3º pola saída de 4º, 5º e 6º ( polideportivo ).
- Os días 1 e 2 de decembro: o procedemento será o seguinte:
* 3º: Entradas e saídas no horario habitual ( 9:30 e 14:30 ) pola entrada do polideportivo, facendo filas na pista vermella. O alumnado transportado dirixirase á mesma pista unha vez entre ao recinto educativo.
* 1º e 2º: Entradas e saídas no horario habitual ( 9:20 e 14:20 os primeiros e 9:25 e 14:25 os segundos) pola porta principal, rodeando o comedor do centro e facendo filas no patio cuberto.
Se se producisen retrasos nas obras actuarase da mesma maneira os días necesarios.
Desculpen as molestias. Un saúdo.
A dirección
Este proceso está regulado pola Orde do 6 de novembro de 2020 (DOG. nº 230 13/11/20).
DESTINATARIOS:
Alumnado de educación primaria que pertenza a unidades familiares cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 euros no exercicio de 2018 ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%.
SOLICITUDES:
1.- O alumnado que foi beneficiario da axuda para material escolar no curso 2020-21 (actual), non terá que presentar solicitude.
2.- O resto de alumnado que cumpra coas condicións de renda e/ou discapacidade antes sinaladas presentará unha solicitude por medio dos proxenitores ou titores legais mediante o formulario normalizado.
O impreso de solicitude obterase no centro docente, no portal educativo http://www.edu.xunta.gal ou na sede electrónica da Xunta https://sede.xunta.gal
PRESENTACIÓN:
O prazo de presentación será ata o 27 de novembro inclusive.
As solicitudes presentaranse no centro e estarán acompañadas da documentación seguinte:
a) Anexo II debidamente cuberto e asinado.
b) Copia do libro de familia onde figure o/os alumnos/os e os demais membros computables. Se algún membro computable non figurase no mesmo, poderase acreditar mediante o certificado ou volante de convivencia ou mediante informe dos Servizos Sociais do Concello.
c) En caso de separación ou divorcio a sentenza e/ou convenio regulador onde figure a custodia do menor.
d) Certificación da discapacidade do alumno/a ou dalgún familiar, se non é da Xunta de Galicia.
e) Documentación acreditativa de violencia de xénero, se houbese.
Esta documentación non será necesaria se xa foi presentada no seu día para a axuda de libros no curso 2020-21.
A documentación será a correspondente aos datos a 31 de decembro de 2018 e presentarase orixinal e copia para o seu cotexo.
O centro quere insistir novamente no respecto ás horas escalonadas de entrada. Lembramos que o horario é o seguinte:
- 9:20: Quintos, primeiros e alumnado de 4 anos.
- 9:25: Sextos, segundos e alumnado de 5 anos.
- 9:30: Cuartos, terceiros e alumnado de 3 anos.
TODO o alumnado agás o transportado deberá entrar ao recinto como máximo 5 minutos antes da hora da súa quenda para favorecer as entradas. Polo tanto, o centro abrirá as súas portas ás 9:15 horas para dar entrada á 1ª quenda, 5 minutos despois poderá entrar a seguinte quenda e, o mesmo procedemento, para a derradeira. INSISTIMOS no respecto das mesmas.
Unha vez feitas as entradas, pregamos ás familias, abandonen as inmediacións do centro á maior brevidade posible. Gracias.
A dirección
Prezadas familias:
Recordámoslles que na sección TICs (Recursos), que poden atopar na columna dereita desta páxina web, teñen información de interese sobre aspectos relacionados coa Aula virtual.
Esperamos que sexan de utilidade.
Saúdos,
A directora.
Estimadas familias:
Lembrámosllles que o vindeiro luns 2 de novembro NON haberá clase ao ser aprobado como día non lectivo.Saúdos.
A dirección.
Prezadas familias:
A Consellería de Educación vén de publicar a seguinte carta-modelo de comunicación.
O centro comunicarase coas familias a través de abalarMóbil, polo que deben descargar dita aplicación. Poden facelo nos seguintes enlaces: Para Android Para IOS
Saúdos,
A directora.