Skip to Content

 

   

ENDL

SEMANA DA MÚSICA 2022

Este ano retomamos a nosa celebración da Semana da Música cunha serie de cambios que xa iremos comunicando.

Para empezar aquel alumnado comprendido entre 3º e 6º tedes que cubrir o formulario que tedes a continuación cos vosos datos persoais, curso, modalidade artística e escola de aprensizaxe.

FORMULARIO

Ánimo e a participar!!!!

NLG - A ORIXE DA NOSA LINGUA

Unha meiga, unha profesora e un grupo de nenas e nenos ben espelidos protagonizan do CPI Santa Lucía de Moraña a primeira película de ficción da Real Academia Galega, baseada en feitos abraiantes pero reais como a vida mesma. Non perdades a fascinante historia do nacemento dun idioma especial coma ningún outro, porque sodes vós as persoas que tendes o superpoder de seguir a darlle mil primaveras máis de vida! Só tendes que berrar e practicar este retrouso máxico: Nós, en galego! A nosa lingua guapa!

A orixe da nosa lingua guapa é un filme producido pola Real Academia Galega a partir dunha idea orixinal da académica Fina Casalderrey, autora dunha morea de historias que levan cativado a varias xeracións de nenas e nenos. Damián Varela foi o director da orquestra a partir do guión asinado por Casalderrey e Fátima R. Ruibal, que é ademais a meiga-mestra que protagoniza esta película xunto ás verdadeiras estrelas: os nenos e as nenas do CPI Santa Lucía de Moraña que se converteron en actores e actrices para a ocasión.

A produción contou co apoio económico da Deputación da Coruña, institución que patrocina todas as iniciativas do proxecto Primavera das Letras.

 

OS MAIOS 2022

Este ano crearemos coa participación de todo o alumnado o noso maio en forma de peón floral.

Precisamos que as familias participedes a través do alumnado mandando as flores que se indican a continuación por grupos.

 

Tamén precisamos que enviedes verde tipo CIPRÉS para poder facer o fondo.

 

PODEDES TRAER AS FLORES E VERDE AO CENTRO A PARTIR DO DÍA 9 DE MAIO

INFANTIL

3 anos - Flores vermellas

4 anos - Flores rosas

5 anos - Flores variadas

PRIMARIA

1º - limóns

2º - Hortensias

3º - Calas

4º - Laranxas

5ºA - Flores lilas

5ºB - Margaridas

6ºA - Flores amarelas

6ºB - Camelias

LETRAS GALEGAS 2022

Este ano as Letras Galegas están adicadas a Florencio Delgado Gurriarán. 

 

RECURSOS

 

 

LENDAS DE GALICIA - PROXECTO DE CENTRO

O noso alumnado traballou moito esta última semana para poder chegar a tempo coas lendas de Galicia para o entroido. 

Aquí tedes o gran traballo realizado polas diferentes titorías, que aínda se completará con máis información en breve.

PREMEDE NA IMAXE PARA ACCEDER AO AUDIO FEITO POLO ALUMNADO

   
   
   
  

ENTROIDO 2022

Este ano adicamos o noso entroido ás Lendas de Galicia, pero para ir abrindo boca antes do gran día temos os Mandados do Meco.

 

 

DÍA DE ROSALÍA 2022

Aquí tedes o recital poético do noso alumnado adicado á gran figura da nosa literatura galega ROSALÍA DE CASTRO.

  23 DE FEBREIRO

 

Distribuir contido


by Dr. Radut