Para practicar este xogo abonda cunha chave (de diferentes tipos en cada zona do país) e cunhas moedas gordas (os pellos) que son lanzadas contra aquela a unha distancia duns 20-30 pasos. O xogo practícase singularmente por parellas, aínda que son factibles competicións individuais e por equipos, e mesmo se utiliza un lanzamento previo para elixir parella.
O sistema de puntuación é complexo e diferente en cada zona do país. Non obstante, basicamente obtéñense oito puntos por cada pello que toque a chave, e incluso un punto para o pello máis próximo cando ninguén atinou. Así e todo, cando a tirada tivo igual éxito nas dúas parellas, ningunha delas anotará ningún punto.
Idade: de 14 a 18 anos
Obxectivo: de habilidade, de exercicio físico, espectáculos
O xogo consiste en facer rolar, en equilibrio, un aro (tradicionalmente “fabricado” a partir dun caldeiro vello ou incluso da roda dunha bicicleta) termando del coa guía, arame con forma de gancho na punta. Acadada a habelencia suficiente, os aros permiten a organización de competicións de velocidade e de habilidade.
Idade: de 7 a 14 anos
Obxectivo: de habilidade, de exercicio físico, enredos
Unha buxaina ou un peón é un corpo que se fai xirar cun cordel sobre unha punta de metal sobre a que sitúa o seu centro gravitatorio de forma perpendicular ao eixo de xiro, equilibrándose sobre un punto grazas á velocidade angular, que permite o desenvolvemento do efecto xiroscópico.