O mércores 16 de marzo, viñeron cortar a herba uns señores que, sen querer, cortaron tamén os dous xeranios que plantáramos. Xa estaban medrando e agora non están.
Pero tranquilos todos e todas, non nos renderemos e voltaremos plantar máis. Seguide atentos porque poñeremos aquí as fotos. Iso si, por favor, coidádeos igual ca nós, porque lles queremos ver as flores.