Skip to Content

 

   

Actividades para o xoves 30 de abril. 2º E.P.

Bo día! Mando as tarefas para este xoves 30 de abril. Que teñades unha boa fin de semana!

3º E. Primaria. Xoves 30 de abril.

Ola Familias!!

Traballo do xoves, último día, o venres é festivo!!

  • Empezamos con Ciencias.
  • Mates, contas e algún exercicio.
  • Música.
  • Galego, imos ver os posesivos.
  • Plástica, composición con círculos.

 Disfrutade dos tres días, voltamos o luns!!

TAREFA CIENCIAS SOCIAIS, mércores 29 DE ABRIL

Ola de novo, tedes unha ficha para facer do apartado 4 do libro de texto (adxunto captura de pantalla)

 

saúdos de novo

AVISO DE CIENCIAS 3º PRIMARIA

Bo día familias, falei coa rapaza de SM, e díxome que vos fixedes ben se o código o estades metendo onde pon UNIRSE A UN GRUPO, xusto debaixo de onde aparecen as unidades do libro, e non onde se meten as licenzas.

Tamén dixo que si de esta maneira continuaban os problemas, que vos facilitaba o número de teléfono do servizo técnico para que o solucionaran eles.

 

saúdos !!!

Actividades para o mércores 29 de abril. 2º E.P.

Bo día! Mando as tarefas para este mércores 29 de abril.

3º E. Primaria. Mércores 29 de abril

Ola familias!!

O mércores temos:

  • Algunha actividade de Ciancias e Inglés.
  • Contas da semana.
  • Relixión e E.Valores, tedes fichas divertidas.
  • Castelá, seguimos cos determinantes.
  • Galego, os artigos.

 

LETRAS GALEGAS 2020

ESTIMADAS FAMILIAS

 

 Este ano temos unhas Letras Galegas un pouco especiais,  a homenaxe ao noso paisano, o gran escritor Ferrolán Carvalho Calero pospúxose para o mes de outubro, pero nós imos pasalas confinados, o cal non é motivo para facer algo especial pola nosa lingua.

 

Dende o CEIP Esteiro acollémonos a unha iniciativa intercentros nas que propoñemos que nos quitemos as mascariñas e cantemos unha canción en Galego con toda a familia.

 

Gravade a canción VERDESCENTE de Uxía Lambona e banda molona, podedes facer un vídeo coa base musical que vos facilitamos (cortesía da propia banda), ou por riba da propia voz da cantante coa canción orixinal, podedes gravar a canción e facer unha montaxe con fotografías, acompañar con instrumentos ou calquera outra cousa que se vos ocorra. Botádelle imaxinación!!!!

 

Logo, cando a teñades lista podedes enviala ao noso correo do cole: ceip.esteiro@edu.xunta.gal, antes do 14 de maio de 2020, para darnos tempo a crear o enlace e compartilo con todos os nenos e nenas dos outros centros participantes.

 

ANIMÁDEVOS E PARTICIPADE!!!

E SOBRE TODO LEMBRADE QUE O GALEGO É UN TESOURO QUE TEMOS TODOS E TODAS!!!

OS MAIOS

QUERIDAS FAMILIAS

 

Festa dos Maios 2020

 

Dende o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística e a través dunha iniciativa que parte do noso cole veciño o CEIP Manuel Masdías, 

queremos propoñervos  UNHA ACTIVIDADE DO MÁIS DIVERTIDA para ocupar o tempo nestres días de confinamento.

Consiste en recuperar un día tan divertido como é a celebración da festa dos Maios.

 

A actividade consiste en que elaboredes un maio mediante as técnicas e os materiais dos que dispoñades, para o primeiro domingo de maio, día 3, colocalos nunha ventá ou balcón das vosas vivendas, mantendo así unha tradición que celebramos no colexio dende hai anos e que tamén permite pasar tempo en familia.

 

Como xa sabedes, a festa consiste en realizar diversas representacións arredor dunha árbore ou

escultura, chamada maio, a partires de elementos vexetais, flores e froitas. Tradicionalmente, tamén se levaban polas rúas e se lle dedicaban bailes e cantigas. Para adaptalo á situación actual, podedes

realizalo mediante debuxos, teas que teñades por casa, materiais de refugallo, pintando nas ventas...

Calquera idea é boa, botádelle imaxinación!

Unha vez finalizado o voso maio, mandádenos unha foto e realizaremos un mural con todos os vosos traballos.

A finalidade é chegar ao maior número de fogares, baixo o lema:

 

Ferrol, de frores cuberto!!!!.

 

ANIMÁDEVOS !!!!!

 

 

Nos seguintes enlaces atoparedes tutoriais que os poden inspirar na elaboración dos vosos maios:

Flores en papel:  https://www.youtube.com/watch?v=mL5vUsvIcxc

https://www.youtube.com/watch?v=-xSEf4H69v4

Decorar as fiestras: https://www.youtube.com/watch?v=EFEFvgMfinc

Flores en tea: https://www.youtube.com/watch?v=iWoUuhvV0IY

https://www.youtube.com/watch?v=bCaFl_AbKBE

MÚSICA 4º PRIMARIA (A,B)

BO DÍA A TODOS E TODAS, SEGUINDO COS INSTRUMENTOS , HOXE TEDES UN VÍDEO E UNHA FICHA CUN ENCRUCILLADO PARA FACER. ESTADE ATENTOS E ATENTAS ESTES DÍAS POR QUE TEMOS UNHA SORPRESA MUSICAL PARA ESTAS CELEBRACIÓNS QUE SE ACHEGAN.

VÍDEO INSTRUMENTOS MUSICAISSorriso

SAÚDOS E ÁNIMO!!!!

3º E. Primaria. Martes 28 de abril

Traballo do martes:

  • Primeiro algunha actividade de inglés.
  • Mates, contas da semana e 3 exercicios fáciles.
  • Lengua, un esquema e unha ficha.
  • Galego, continuamos co Tema 11.
Distribuir contido


by Dr. Radut