Bo día familias!!!
Hoxe comezamos o mes de xuño polo que xa nos atopamos na recta final deste curso tan especial. Estas últimas semanas propuxémosvos construír mandalas, nomes, palabras... no plano. Nenas e nenos a propostiña desta semana tamén vai de construír, pero esta vez en tres dimensións, é dicir coma as construccións que facedes nos recantos e na biblioteca:
Podedes crear figuras estupendas con pezas de construcción que teñades pola casa, con caixiñas, botes, materiais de refugallo e calquera cousa que se vos ocorra. Unha vez feita a construcción, podedes debuxala, poñerlle un título, escribir a lista de pezas ou materiais que empregastedes e o número de cada un deles que precisastedes.
SORPENDÉDENOS COAS VOSAS CREACIÓNS!!!
Boa semana e apertas virtuais a todas e todos!
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | |||
5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |